Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

As Meigas de Cangas e a Inquisición: María Soliña

13 Xullo, 2016



Entre 1619 e 1628 numerosas mulleres de Cangas foron xulgadas polo Tribunal do Santo Oficio (Inquisición) por suposta “bruxería”.

Hoxe en día sabemos que aquelas desgraciadas, que acabaron confesando atrocidades a forza de espantosos tormentos, foron en realidade víctimas dunha invención dos inquisidores. A “caza de bruxas” estivo directamente provocada polo emprobecemento xeral que seguíu á invasión turca de 1617.

A pequena nobreza víu descender as súas rendas de xeito alarmante, polo que buscou por tódolos medios os recursos necesarios para mante-lo seu nivel de vida. A Inquisición, integrada case exclusivamente por membros deste grupo social, foi un eficaz medio para logra-lo seu propósito.

Inquisición

 

O obxectivo primordial era arrebatar a certas persoas os seus “dereitos de presentación” en capelas e freguesías. Consistía este dereito en que os sucesores do fundador dunha igrexa podían propoñer ó seu titular cando quedase vacante, e á súa vez participar dos beneficios que aquela xerase.

O obxectivo primordial era arrebatar a certas persoas os seus “dereitos de presentación” en capelas e freguesías. Consistía este dereito en que os sucesores do fundador dunha igrexa podían propoñer ó seu titular cando quedase vacante, e á súa vez participar dos beneficios que aquela xerase. Para disimular o seu reprobable propósito, mesturaron algunas que si os posuían con outras que eran “pobres de solemnidade”. Moitas delas atopábanse totalmente desamparadas, por ter quedado viúvas tralos tristes sucesos de 1617.

Este foi o caso da máis famosa das supostas “meigas” de Cangas, ou polo menos a que máis trascendeu do seu tempo, inmortalizada en cantares como o que di: “Ay que soliña quedaches, María, María Soliña”. Esta cantiga parece indicarnos que as xentes a lembraron, maís que como maléfica e perniciosa bruxa, como unha pobre e desgraciadísima muller, reflexo de tódolos sufrimentos do pobo.

MARÍA SOLIÑA

María Soliña, posuidora de dereitos de presentación en Aldán e Moaña, entrou nos cárceres secretos da Inquisición no 1621. Todo o proceso foi dirixido a demostrar que esta inofensiva muller gozaba de poderes demoníacos, capaces de provocar incontables males, e que entregara a súa alma ó diaño. Pero foron as propias confesións de María Soliña, provocadas polo suplicio, as que chegaron a roza-lo paroxismo. Asegurou ser bruxa dende había máis de 20 anos, e ter tido actos nefandos co demo durante longo tempo, o cal se lle aparecía en forma de home.

María Soliña

Outras moitas “bruxas” foron xulgadas durante estes anos. Mulleres como Catalina de la Iglesia, que confesou ter matado a cinco criaturas. Ou como Elvira Martínez, Teresa Pérez, María dos Santos…

E mentres isto declaraba, María Soliña suplicaba clemencia ó Tribunal e proclamaba o seu arrepentimento, pois aseguraba que xamais renegara de corazón de Noso Señor, senón só de palabra. Todo isto revela a desesperación anímica desta muller, como consecuencia dunha terrible tortura física e psicolóxica. O 23 de xaneiro de 1622 chegou por fin a sentencia. Foi condenada cunha confiscación de bens, debendo porta-lo hábito penitencial durante medio ano. Non sabemos se chegou a cumprir toda a pena, pois probablemente a súa vida non durou moito máis. As secuelas físicas do tormento non podían deixar de notarse nunha muller de 70 anos de idade. A súa acta de defunción non foi atopada aínda. Tal vez algún día descubramos onde repousan os seus castigados restos.

Outras moitas “bruxas” foron xulgadas durante estes anos. Mulleres como Catalina de la Iglesia, que confesou ter matado a cinco criaturas. Ou como Elvira Martínez, Teresa Pérez, María dos Santos … estas pobres infelices merecen o respeto dos heroes anónimos dun pobo que houbo de sufrir, estoicamente, os abusos e a avaricia infame dus poucos. Tal vez próximas investigacións aporten nova luz sobre as súas vidas, pero a memoria colectiva as lembrará non como meigas, senón como o que realmente foron, persoas de carne e óso, con tódalas súas miserias e grandezas.

María Soliña. (Celso Emilio Ferreiro)

 

Polos camiños de Cangas
a voz do vento xemía:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Nos areales de Cangas,
Muros de noite se erguían:
Ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As ondas do mar de Cangas
acedos ecos traguían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As gueivotas sobre Cangas
soños de medo tecían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Baixo os tellados de Cangas
anda un terror de agua fría:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.

 

Vídeo: MARÍA SOLIÑA – Carlos Núñez y Teresa Salgueiro.

Fonte: Concello de Cangas


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo