Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Crónica do debut da Coral Polifónica de Pontevedra en 1926

20 Marzo, 2017



De todal-as realizacións d’arte conseguidas na nosa Terra n-iste tempo, no que se nos pode por menos de reconocer que’a xente bule e traballa, pode que ninguna teña a considerábele importancia que tuvo a presentación ó púbrico do Coro Polifónico de Pontevedra, o 23 do mes de Marzal.

Polifónica Pontevedra

Foto: patrimoniomusicalgalego

Había moito tempo qu’iste agrupamento, do que forma parte moita xente principal da vila do Lérez, e, o que vai mais ainda, moita xente educada musicalmente viñase preparando para escomenzal-o seu labor . Foi unha preparación d’obra ben feita, com’o seu emprendimento requería.

Sociedad Coral,  com’ela mesma decrara no programa do seu primeiro concertó, nasceu d’unha pequeña e interna xuntanza d’amigos da música, os que siguen sendo, co mestre direitor Antçon Blanco Porto, o esprito animador do meritorio agrupamento. Antr’iles atópanse dous dos nosos mais queridos amigos e colaboradores, dous homes ateigados d’amor pol-a grande arte e pol-a nosa Terra e a sua cultura: Antón Lousada Diéguez. Presidente do Coro, e cantor tamén na corda de barçitonos, e Antón Iglesias Vilarelle.

Na creación do coro propuxéronse somentes un labor educativo: atrague-a atención e a querencia do púbrico galego car’as fontes enxebres da música, a arte polular e as obras dos grandes Mestres da polifonía, precurando espallal-a sua coñecencia.  Para elo xuntaron un Coro de voces (señoritas e homes) que baixo a dirección de Blanco Porto estivese moito tempo ensaiando na interpretación das millores obras clásicas de música vocal, e de cantos populares, nosos e alleos, armonizados pró xeito polifónico. A porta pechada e sen púbrico, sen mais púbrico qu’o Castelao. Que se les agregou com’escenógrafo, foronse levando os ensaios.

Por fin, xa maduros pr’emprincipial-o seu labor, o mentado día deron o concertó de presentación no Teatro Principal de Pontevedra.

O Programa

Tivo tres partes. A primeira, de música d’autores antigos e modernos, emprincipiando co mestre de Corales, o iniciador do estilo polifónico e da música moderna, Xan Bastián Bach, a quen debíase iste homaxe.

Cantaron d’il o Coral Freuet euch, ihr Christen alle. Seguiron e’un fermoso madrigal de Roland de Lassus, mestre belga do século XVI, titulado Vinde Ledos , que chamou moito a atención dos entendidos. Iste madrigal cantárono en galego, para elo, a sua letra foi traducida á nosa língia por Iglesias Vilarelle e Filgueira Valeverde co tino e gusto con qu’iles saben facelo. Despois a  Serenata de catro galás a unha dona, quarteto cómico de Borodín, e Don Joan y Don Ramón, romance popular sobre temas mallorquís, do mestre da música española, Felipe Pedrell.

A segunda parte foi toda de música relixosa, dos grandes Mestres do século XVI e XVII: In nimine Jesu de Jacob Handl: O Sacrum convivium de Ludovico Viadana: Hievir de Tomás Luis da Victoria: Tristis est anima mea de Giambattista Martini, rematando con Exultante Deo de Palestrina.

A terceira parte foi de música popular: Los Mozos de Monleón tonada Salmantina, por Benedicto: El Cant deis aucells, cçantiga popular de Nadal por L. Millet, e tres cantos populares nosos, armonizados por Fray Luís María Fernández: Porque choras miña prenda?. Este é o tempo e Camiña Don Sancho (romance) que marcan vieiro novo prà nosa música.

Fora de programa, cantou o Coro unha fermosa canción rusa do Volga –Stienka Razin.

É dina de loubanzaa escolma feita nas obras para compór iste programa, e o seu ordeamento en partes, qu’amostran gusto e coñecencia.

Os decorados de Castelao

Por primeira vez, o Castelao revelouse com’escenógrafo, e tan grande, tan forte, tan xenial, coma nas outras modalidñas da sua arte.

Castelao soupo colaborar no labor do Coro Polifónico coa punxente intuición que ten de cote, que fura no sinificado interno das cousas, e tradúceo en adautaciós maravillosas.

Fixo primeiro un telón de boca: un gran pano mouro sementado de froles de vivos tons, qu’estrelan sobr’o fondo negro en leda e brillante policromía. No meio e meio está o rubro da Sociedade: O Rei David do Pórtico de Platerías co-a lenda en letras románicas que di “Sociedad Polifónica de Pontevedra”. Despois fixo fondos para cada unha das partes do programa.

D’iste geito, a primeira parte, fundamentalmente profana, cantouse n-un fondo de salón, en gris, con alfombra e gradería bermella, d’un contraste perfeito, d’unha maxestosa sinxeleza.

A segunda parte, de música relixosa, cantouna o Coro atrás d’un telón, representando un fermoso pórtico románico con moitas figuras, e pr’o Exultate Deo de Palestrina, locíu un soberno rosetón oxival, d’un efeito prodixoso, e que consideran com’un dos millores acertos da escenografía moderna.

Por fín, a terceira parte fíxose e’un decorado representando unha gran fiestra alumeada pol-o luar.

O trunfo do Castelao foi superior a canto s’agardaba do seu inmenso xenio.

A Interpretación

Ainda sendo homildes as arelas da Sociedade Polifónica, soupo abranguar un éisito coma se lembran poucos na nosa Terra. O Teatro Principal estivo cheo, con moita mais xente da que n-il acolle comodamente: había cadeiras metidas antr’as lunetas, xente de pé, algún subíndose onde podían. O aspeuto da sala era do mais locido.

A xente  ovacionou os lenzos do Castelao, e o Coro dend’o comenzó.

A labor dos cantantes estivo á outura que s’agardaba, e chegou ó cume na segunda parte. Houbo que repetir o Exultante Deo .

Tamén mereceron loubanza os solistas; a Srta. Luz Fernández, soprano, no Cant dels aucells , e Xosé Castro Souto, tenor, na Canción do Volga. E aínda os cantos galegos do derradeiro.

Remate

Veleiquí as novas que temos do acontecemento artísteco do 23 de Marzal. Non sei cando poderemos escoital-o Coro Polifónico fora de Pontevedra. D’un xeito ou d’outro, podémonos gabar xa d’un bó emprendimento d’arte grande, e precisamente na música, onde tanto domina o gusto ruin na nosa Terra; n-esta terrra d’artistas espontáneos, onde cada nozo da aldeia é múseco e poeta.

 

NÓS – Boletín Mensual da Cultura Galega – Ano VIII – Ourense 15 de Mayo de 1926 – Número 28

Este es el contenido de la etiqueta Div de diseño "sigue_contenido_dos"

Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo