Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Historia da Ponte de Rande

6 Outubro, 2016



A Ponte de Rande forma parte da autopista AP-9 no tramo Pontevedra-Vigo. Esta ponte cruza a Ría Vigo no Estreito de Rande unindo Redondela coa Península do Morrazo.

Curiosamente é empregado como imaxe da cidade de Vigo cando non está ubicada no seu termo municipal. 

A súa historia comeza cando Gerardo Campos (Vigo 1881-1964), dono da finca “La Chicharra” en Rande e presidente da empresa Tranvías Eléctricos de Vigo, propón en 1946 a construcción dunha ponte no estreito de Rande para facilitar o desenrolo industrial de Vigo.

Rande

Loitaría toda a súa vida por este proxecto, que non chegaría a ver realizado, porque non sería ata decembro de 1973 cando se iniciarían as obras, sendo Ministro de Obras Públicas o galego Gonzalo Fernández de la Mora. Pero non rematarían aquí as dificultades da obra porque en maio de 1977 a Administración Pública paraliza as obras polas protestas dos veciños de Vilaboa e da parroquia pontevedresa de Salcedo.

Rande

Sería en febreiro de 1981 cando se inaugurou.

Foi a primeira ponte de tipo atirantado de tan grandes dimensións construida en España. O tramo central ten unha lonxitude de 694’98 metros.

A luz entre os pilares centrais é de 400’14 m., sendo o segundo do Mundo naquel momento, só superado polo de Saint Nazaire en Francia con 404.

Os accesos son de 106 metros polo norte e 757 polo sur (Redondela). Alcanza os 48 m. sobre o nivel do mar e foi concebido con catro carrís de circulación. Na súa  construcción empregáronse grúas de 136 m. de altura e ascensores con 100 kg. de carga. O custo da obra foi de 3.658 millóns de pesetas.

Vídeo: Construción da Ponte de Rande

Autor: Juan Migueles
Fonte: Anecdotario Redondelan

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo