Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Julia Cerdeiros; a espía galega do ditador Trujillo

10 Outubro, 2016

Foto: Rafael Leónidas Trujillo

Julia Cerdeiros Ferreirós, naceu en 1901 na Coruña, coñecida co sobrenome de La Gallega

En 1918 ou 1919 emigrou á República Dominicana e traballou até mercar un bar que se converteu en punto de encontro de altos funcionarios do Estado ditatorial de Rafael Leónidas Trujillo.

Estes contactos coa clientela funcionarial e unha serie de actividades comerciais fixeron que Cerdeiros lograse unha considerábel fortuna. Abriu un novo café na elegante e céntrica rúa Arcebispo Meriño en Santo Domingo.

A súa fortuna proviña en boa parte do traballo de información que facía para as autoridades trujillistas. Pero a oposición á ditadura logrou detectar as actividades de Cerdeiros como confidente policial.

Para retirarse da circulación e evitar problemas cos opositores, decidiu en 1938 dar a volta ao mundo en barco xunto ao seu fillo, Bienvenido Velázquez. Pero recibiu unha proposta do ditador Trujillo para instarse como espía en Venezuela e desde alí informar das actividades da oposición dominicana e do apoio e colaboración que esta recibía do goberno venezolano.

En Venezuela comezou a relacionarse coa oposición exiliada e abriu un local que lles servise de punto de encontro.

Polos seus traballos recibía pagos mensuais cun talón, un dos cales caeu en mans dos opositores que denunciaron a Cerdeiros ante os seus contactos no goberno venezolano.

En 1945 foi detida pola intelixencia de Venezuela. Foi liberada tempo despois. Volveu á República Dominicana co seu fillo e alí morreu.

 

 

 

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo