Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Museo das Letras de Castro Caldelas (Ourense) e o primeiro texto escrito en galego

4 Xaneiro, 2017

Recentemente abriuse na torre da homenaxe do castelo un espacio museístico coa relación destas terras coa lingua e literatura galega coma eixo.

Este museo ocupa tres niveis adicados a tres épocas históricas distintas:

  • O primeiro adicado á época medieval ten ao Foro do Bo Burgo coma estrela, coma primeiro texto escrito en galego e un dos documentos históricos máis importantes da época. Pero Viviaez foi un cabaleiro vilán que compuxo cantigas
  • As escaleiras lévanos dun xeito simbólico ao Século XX, onde recollemos varias figuras: Vicente Risco, un dos autores máis recoñecidos e que como caldelao adicou parte da súa obra a estas terras; Cándido Fernández Mazas, un “individuo de aptitudes múltiples”, caricaturista, pintor, articulista, novelista, poeta,… unha figura truncada pola Guerra Civil; Manuel Casado Nieto e oseu fillo Xoan Manuel Casado: o primeiro foi un destacado traductor e escritor, que ademais destacou coma presidente do Centro Galego de Barcelona durante dezaseis  anos; o fillo foi un destacado poeta; as figuras de Claudio Movilla e Orencio Pérez foron esenciais na normalización do galego no campo xurídico, a seren os primeiro xuíces en publicar unha sentencia en galego e en levar un xulgado en galego; por último, falamos de Olegario Sotelo Blanco, escritor, antropólogo e editor.
  • Na azotea fálase da acutal situación do galego e do seu futuro.

El primer texto escrito en galego: Foro do Bo Burgo de Caldelas

 

É un documento histórico datado datado en 1228 que supón o máis antigo documento escrito en galego que se coñece. Nel Afonso IX outorga privilexios aos cidadáns desta vila.

Este feito foi descuberto no ano 2005 por Henrique Monteagudo xa que con anterioridade, segundo el relata, este texto x afora coñecido e divulgado pola Casa de Alba, a quen pertence, pero cun erro de interpretación, xa que dende a Casa de Alba se pensou que era una tradución ao romance de outro data en 1172 do Rei Fernando II de León e Galicia.

Este documento, segundo o propio Monteagudo, é de grande importancia pola túa data temperá ademais de ser o “único documento que coñecemos en galego e que sae dunha chancelería real”.

 

Fonte: Concello de Castro Caldelas

 

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo