Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA)

15 Xuño, 2016



É un centro de interpretación dedicado ás Torres Arcebispais de Pontevedra; unha das estruturas defensivas que existiron en Pontevedra e que formaban parte da Muralla de Pontevedra.

No ano 2008, no transcurso dunhas escavacións arqueolóxicas previas ás obras na Avenida de Santa María, topáronse cuns muros en bo estado, que formaban parte da historia medieval; chegouse á conclusión que eran parte do foso defensivo datado no s.XII, da antiga fortaleza medieval, e que por desgraza foron derrubadas a finais do s.XIX.

CITA

Con bo criterio decidiuse facer un museo que se atopa a un cinco metros baixo terra, ou o que é o mesmo, un museo subterráneo.
A súa extensión é de máis de 715 m2. Accédese a el por unha porta exterior que nos conduce a esta zona subterránea pola rúa Mestre Mateo.

CITA

 

Este centro é de corte moderno e conta por iso cunha maqueta de tipo táctil, con versión tamén en Braillie que recrea o Pazo -fortaleza das Torres Arcebispais . Estas pantallas táctiles ofrecen xogos cos que se poden interactuar con fins pedagóxicos.

CITA

 

Podemos dicir que este centro está dividido en tres apartados:

1º Segundo entremos, atoparemos toda a información sobre a Pontevedra medieval, sobre a Pontevedra moderna e sobre o edificio fortaleza.

2º O espazo da base da fachada da fortaleza, comprendida na parte interior do muro denominado ESCARPA, e doutra banda o muro exterior CONTRAESCARPA e mostra os elementos defensivos da contrucción.
Podemos contemplar parte da ponte levadiza que permitía o acceso á fortaleza, e algunhas balas de madeira utilizadas no seu momento como proxectís de catapultas, e ademais poderemos ver diversas pezas de cerámica e outros obxectos achados na escavación.

3º No fondo deste Museo poderemos gozar dun impresionante audiovisual en 3 dimensións, e en tres idiomas: galego, español e inglés; con subtítulos para persoas con problemas auditivos.

Vídeo:

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo