Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

O último lugar de repouso: O Cemiterio de San Amaro de Pontevedra

4 Outubro, 2016



O cemiterio municipal de San Amaro (o San Mauro) é un camposanto da parroquia de Mourente, no concello de Pontevedra. Trátase do cemiterio máis grande de todo o municipio.

San Mauro é un cemiterio decimonónico e neoclásico, construído hai máis de 130 anos e proxectado polo arquitecto Rodríguez-Sesmero en 1879, figura clave da Restauración en Pontevedra e inaugurado o 29 de setembro de 1882.

San Mauro

Foto: WikipediaEstevoaei

Na foto vista xeral do camposanto

O primeiro persoeiro famoso en ser enterrado aquí foi o escritor pontevedrés Andrés Muruais, finado días despois da inauguración do recinto.

San Mauro

Foto: WikipediaEstevoaei

Na foto o sepulcro de Muruais

Algúns persoeiros enterrados no camposanto:

  • Fernando Sarabia(1781–1849), militar e político.
  • Andrés Muruais(1851–1882), escritor e xornalista.
  • Indalecio Armesto(1838–1890), escritor, xornalista, xurista, filósofo e político.
  • Jesús Muruais(1852–1903), escritor e xornalista.
  • Eduardo Vincenti(1857–1924), político.
  • Perfecto Feijoo(1858–1935), farmacéutico e musicólogo.
  • Alexandre Bóveda(1903–1936), intelectual e político.
  • José Adrio Barreiro(1910–1936), avogado e político.
  • Celestino Poza Cobas(1868–1954), mestre, médico e político.
  • Antonio Iglesias Vilarelle(1891–1971), mestre e músico.
  • Francisco Javier Sánchez Cantón(1891–1971), historiador.
  • Manuel Cuña Novás(1924–1992), escritor e político.

 

San Mauro

Foto: WikipediaEstevoaei

Na foto: Homenaxe a Celestino Poza, Aurora Poza e José Adrio

San Mauro

Foto: WikipediaEstevoaei

Na foto: Sepulcro de Perfecto Feijoo

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo