Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Os Castros (Desde seis séculos antes de Cristo a cinco logo de Cristo)

11 Xaneiro, 2016



Os castros como non pode ser doutro xeito en Galicia, son unha construción en pedra, pero nesta ocasión non gardan carácter relixioso, son poboados con casas nas que vivían as xentes daquelas época. Adoitaban estar en outeiros ou lugares altos, tanto no interior de Galicia como nas costa, desde eses lugares podían ver chegar aos “posibles inimigos” e iso dáballes tempo para prepararse, pero ademais desde alí vixiaban as súas culturas, as súas terras etcétera.

Os castros catalogados en Galicia están próximos á cifra de tres mil, xa que non eran poboacións moi grandes. Cada castro albergaba sobre unhas corenta familias coas súas terras e dominios ao redor, estando moi marcado o terreo de cada castro.

As familias vivían en núcleos unifamiliares, con varias estancias para os diferentes membros da familia, pais e fillos, comían todos xuntos sentados e sentados segundo a súa categoría, dignidade e idade. As familias emparentadas entre eles  formában un clan, e ademais había un xefe do clan, que podía ata expulsar a algún membro sendo isto un motivo de deshonor.

Castro de Baroña

 

A unión de varios clans formaban as centurias e á súa vez, a unión de varios centurias formaban o que se chamaba “pupulus”, que contarían cun territorio determinado con límites marcados e definidos, que tiñan unha especie de “capital”, onde se reunían para facer negocios e intercambios ou trueques, quizá sexa o principio do que son as coñecidas feiras galegas.

As casas dos castros adoitaban ser de base circular cos techados de palla e orientados de tal xeito que estivesen protexidas dos ventos. Aínda hoxe podemos atopar este tipo de cousas nos Ancares ou no Cebreiro, algúns aínda ocupados e habitados.

Se queremos ver castros con casas reproducidas da época, podemos visitar o Castro de Santa Tegra na Guarda, que ademais está situado nun hermosísimo lugar no alto, desde onde poderemos admirar o pobo da Guarda, e a desembocadura do Río Miño.

Pero os castros co tempo tamén se converteron en lugares con retrincos máxicos e mitológicos, así co tempo a xente falaba de “Os Mouros” que vivían nos castros, e como algúns facían negocios con eles, dándolles  “os mouros” a cambio, tesouros. Isto vén motivado seguramente á tradición dos celtas que gardaban xoias de ouro, e algunhas foron atopadas nas súas tumbas.

Tamén aínda ata hai pouco, quedaban nalgúns sitios como no Berzo determinados ritos como a práctica herdada dos pobos celtas consistente en que cando unha muller daba a luz, o home reclamaba os coidados que debía recibir a recente nai, coa intención segundo parece, de afastar os malos espíritos sobre a súa descendencia e sobre a propia nai, atraéndoos se seica cara a él.

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo