Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Ovidio Murguía: O fillo de Rosalía de Castro

16 Xuño, 2016



Ovidio Martínez de Castro, máis coñecido como Ovidio Murguía, nado en Lestrobe (Dodro) o 2 de xullo de 1871 e finado na Coruña o 1 de xaneiro de 1900, foi un pintor galego, membro da posteriormente denominada Xeración Doente.

Naceu no pazo de Hermida, fillo dos escritores Manuel Martínez Murguía e Rosalía de Castro, de quen herdou o seu sentimento artístico. Quedou orfo de nai aos 14 anos. Comezou a pintar en Santiago de Compostela, na Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, da que era profesor o artista José María Fenollera. En 1895 trasladouse a Madrid, pero non seguiu os camiños habituais de ir á Real Academia de Belas Artes de San Fernando nin as posibles pensións para Roma, por aquel entón pouco menos que imprescindible para facer carreira oficial.

Ovidio Murguía

Foto: Wikipedia// O neno Ovidio (de pé), coa familia, en 1883 ou 1884.

O seu parentesco co novelista Alejandro Pérez Lugín, en cuxa casa residía, permitiulle asistir a faladoiros literarios e relacionarse con artistas. Saía ao campo, na zona do Guadarrama, a pintar paisaxes do natural, e acudía con frecuencia ao Museo do Prado, onde realizou copias dos grandes mestres, para exercitarse no oficio de pintor.

O seu pai, home ambicioso, relacionouno con políticos influentes da época, para os que realizou escenas de xénero, moi en voga por entón, e decoracións murais para os seus palacios. Así, en 1898 leva a cabo á súa primeira encomenda importante, un conxunto de obras que o político galego Montero Ríos lle encarga para ornar o pazo de Lourizán,  Ovidio cumpre estas encargas, aínda que non de moi boa gana, ate que decide liberarse deles por completo e vivir sen traballar, unha vida que a súa precaria saúde non tolera.

Ovivio Murguía

En 1898 leva a cabo á súa primeira encomenda importante, un conxunto de obras que o político galego Montero Ríos lle encarga paza ornar o pazo de Lourizán

Concorreu a algunhas exposicións, pero a súa curta vida non lle permitiu callar a obra que, sen dúbida, o seu temperamento estaba destinado. A pintura de Ovidio Murguía figura nos museos de Galicia, especialmente no Museo Provincial de Pontevedra e no Museo de Belas Artes da Coruña, onde está a máis representativa.

En marzo de 2014 a Fundación Rosalía de Castro presenta un cadro inédito de Ovidio Murguía que vén de adquirir para os seus fondos. A obra non está catalogada ao non abandonar nunca a casa da familia Bustelo Calvo-Sotelo de Ribadeo; todo parece indicar que a peza é unha encomenda. O cadro Árbore de montaña, é quizais a obra de maior tamaño (190 x 130 cm) pintada por Ovidio Murguía. A data 1899 figura xunto á sinatura do pintor.

Ovidio Murguía de Castro falece prematuramente de tuberculose no 1900 con 28 anos de idade, feito que máis tarde faría que Barreiro e Bello Piñeiro o encadrase dentro da Xeración Doente.

Rosalía de Castro

Rosalía Castro de Murguía (1837-1885) xacente no seu leito de morte, retratada por seu fillo Ovidio Murguía de Castro.


Fonte: Wikipedia

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo