Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

San Rosendo

10 Xaneiro, 2016



Fundador do gran mosteiro de Celanova (Ourense) proviña dunha familia nobre, e en terras do seu patrimonio construíu o famoso mosteiro.

Foi bispo de Mondoñedo, con moi bos dotes de organizador, gobernador e pacificador. Tiña gran capacidade de mando e diplomacia, grazas a él suavizáronse os enfrontamentos entre os diferentes nobres galegos, ata conseguiu que se unisen para pelexar contra os mouros unha das veces que se conseguiron subir ata o Miño, e alí rexeitáronos.

Tamén loitó contra as hordas viquingas que por aquela época arrasaban as costas galegas en concreto e as europeas en xeral. Aos normandos gustáballes Galicia porque lles recordaba á súa propia terra e ademais atraíanlles as riquezas galegas, e xa sabían da existencia do Santuario de Santiago de Compostela, aspirando tamén á riqueza deste.

San Rosendo

Celanova

Galicia sufriu varias invasións dos pobos normandos, e o ano 968 foi especialmente cruel, xa que os viquingos chegaron ata Compostela morrendo o seu bispo na defensa da localidade que conseguiu salvarse.

Os normandos dispersáronse pero seguiron atacando cara ao norte ata Cantabria; pero aí entrou en acción San Rosendo e o Conde González Sánchez ata expulsalos da nosa terra.

Aínda quedan como recordo as coñecidas como Torres do Oeste na desembocadura do Río Ulla en Catoira, e moi preto de Santiago de Carril na Ría de Arousa, que foron construídas por Xelmirez sobre antigas fortificaciones romanas. Todos os anos celébrase unha romaría en Catoira representando o ataque dos normandos.

Morreu no ano 977 no mosteiro de Celanova.

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo