Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Sánchez Cantón para o Día de Santiago de 1936

1 Agosto, 2016



Resulta practicamente descoñecido o feito de que Francisco Javier Sánchez Cantón, quen foi patrono fundador do Museo, ten obra en galego entre o grande volume dos seus traballos sobre os máis diversos temas.

No arquivo documental custódiase a documentación que el lle legou no seu testamento. É por iso que conservamos correspondencia, guións de conferencias e mesmo algunha obra de creación literaria en lingua galega.

Sánches Cantón

Foto:  Museo de Pontevedra

Carta na que Valentín Paz Andrade lle pide colaboración a Sánchez Cantón para un número especial do xornal El Pueblo Gallego do Día de Santiago de 1936

Nesta sección queremos dar a coñecer un artigo que Valentín Paz Andrade lle pedira a Francisco Javier Sánchez Cantón para un número especial do xornal El Pueblo Gallego do Día de Santiago de 1936 que habería de ter como fío condutor o Estatuto de Galicia, recentemente aprobado. Sánchez Cantón contestou con estas liñas sobre unha visión da arte en Galicia que enviou a Filgueira cunhas breves instrucións datadas o 17 de xullo para que corrixise, depurase e valorase a conveniencia ou non da súa publicación. Como conta o propio Filgueira na recompilación que publicou en 1991 no tomo XXV de Bibliófilos Gallegosbaixo o título de “Obra en Galego”, a carta-artigo nunca se botou ao correo e o orixinal permaneceu inédito e oculto durante corenta anos, cando el mesmo atopou o material nunha revisión do arquivo de Sánchez Cantón.

¬Ver artigo completo en PDF

Fonte: Museo de Pontevedra

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo