Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

A primeira publicación periódica publicada só en galego: O Tio Marcos d'a Portela

5 Setembro, 2018



O Tio Marcos d'a Portela, foi unha publicación aparecida por vez primeira en 1876, sendo daquela editada en Ourense por Valentín Lamas Carvajal. Foi a primeira publicación periódica monolingüe en lingua galega.

Valentín Lamas Carvajal

Valentín Lamas Carvajal

Naceu con carácter quincenal, e aos dous meses pasou a ser semanal. Subtitulado Parrafeos c'o pobo gallego, tivo dúas etapas, a primeira dende 1876 ata 1880 e a segunda dende 1883 ata 1889.

Cun marcado carácter literario, obtivo un salientábel éxito en toda Galiza, chegando a tirar catro mil exemplares. Amais das sección literarias, principalmente poéticas, a publicación incluía opinión e actualidade. Mantívose até 1888, cando foi impresa a última edición na cidade de Lugo.

Placa colocada na casa onde se comezou a imprimir o xornal, na rúa Lepanto, 18, de Ourense.// Foto: P.Lameiro

Coa mesma cabeceira e o mesmo espírito, as Irmandades da Fala promoveron en Ourense esta publicación entre 1917 e 1919. De carácter quincenal, editáronse 58 números. Dirixida por Higinio Ameijeiras e Xavier Prado Rodríguez, entre os colaboradores figuraban Eladio Rodríguez González, López Abente, Losada Diéguez, Manuel Lugrís e Victoriano Taibo.

En 2018 escolleuse o 7 de febreiro como Día dos Medios en Galego para que coincidise co seu aniversario

Fonte: Wikipedia



Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo