Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

O Mosteiro que se rebelou contra a vontade de Pedro Madruga: San Pedro de Tenorio

7 Setembro, 2018



Este Mosteiro medieval atópase na poboación do concello Cerdedo - Cotodabe de Tenorio. Se nos mergullamos nas súas orixes teremos que viaxar ata o s.X, onde é nomeado no ano 1703 en documentos do Mosteiro de San Salvador de Lérez., e no que abade de Tenorio aparece como confirmatorio.

Foto: Wikipedia / Estevoaei

No s. XV, Pedro Madruga nomeou un novo abade , cambiando ao que había en Tenorio, por un monxe do mosteiro de Lérez, o que causa o abandono do mosteiro por parte dos monxes, que non acataron o nomeamento.  

No século XIX, durante a Guerra da Independencia, foi utilizado polos guerrilleiros da zona como base de operacións, e os franceses saquearon e incendiaron o cenobio.

Foi ocupado posteriormente e tras a súa rehabilitación no século XVI. O abandono definitivo produciuse tras a desamortización de Mendizabal.

Da antiga fábrica románica do mosteiro da orde beneditina só se conserva a esquina suroeste da igrexa, e outras pezas como o Agnus Dei e un rosetón na fachada, actualmente un óculo (elementos do románico tardío ou de transición ao gótico). Ángel del Castillo tamén sinala a existencia dunha inscrición do século XIII que na actualidade resulta ilexible.

Foto: wikipedia //José Antonio Gil Martínez 

Conta cunha igrexa barroca de século XVIII, construída sobre outra anterior probablemente románica a xulgar pola estrutura da bóveda e a forma dalgunhas ventás tapiadas. Probablemente a igrexa primitiva pertencese ao primitivo mosteiro fundado polos beneditinos. Hoxe non se conservan nin unha nin o outro, non obstante o conxunto é fermoso non solo pola súa arquitectura senón tamén pola prácida paraxe en que está situado.

A fachada ten unha porta con lintel, baixo unha cruz con rosetón.

Foto: Wikipedia / Estevoaei

O altar maior, de 1702, ten un retablo policromado coas imaxes de San Pedro, a Inmaculada e Cristo Rei. Foi deseñado posiblemente por Domingo Rodríguez de Pazos. Á dereita da nave hai un altar coa Sagrada Familia e a Virxe do Carme. Tamén hai un alatar adicado a Santo Antón e outro a San Cristóbal. No lado esquerdo hai un púlpito, a Virxe do Rosario co Neno, unha figura de San Roque, e a Virxe das Dores coas Ánimas do Purgatorio.

O claustro do mosteiro é do século XVI, ten dúas alturas e tres ás que recordan ás de Lérez. De planta rectangular, é de estilo barroco clásico composto por arcos semicirculares que se apoian en columnas exentas sobre un podio corrido.

No adro hai un cruceiro con base de tres chanzos. O fuste é estriado, e no capitel están nun lado a Virxe e o Neno, e no outro Cristo crucificado.

Preto do lugar atópanse restos dunha fortaleza medieval.

Vídeo

Fonte: Wikipedia



Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo