Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Fran Cortegoso (Imaxe: Chan da polvora)

Un ano sen Fran Cortegoso

As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído? Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu ...

VER +

- GALLEGO REI, M.: A beira da Santiña, edita Mario Gallego Rei, Pontevedra, 2016.
- Hemeroteca.

O Milagre das Uvas e do Millo

O Burgo, verdadeiro territorio de carácter e circunstancias propias, é a Triana da nosa Pontevedra. Nunca alleo ao discurso e ao devir da cidade, ofrécenos unha historia e, ao fin, un legado que convén non desprotexer. O crecemento urbano nunca ...

VER +

Sinsabores dunha Pedra Importante: O Miliario de Adriano

Por miliario entendemos unha columna pétrea de gran peso e  tamaño que funcionaba a xeito de marco quilométrico nas antigas vías romanas. E frecuente que leven inscricións onde se especifica a vía na que se atopaba, así como a distancia ...

VER +

Lourizán repasa a súa historia - Pontevedra

Na praza de Marqués de Valterra a exposición “Lourizán”, un percorrido histórico pola parroquia, que se centra en varias actividades municipais de presente e futuro, como o ARI, as últimas reformas e obras, o e o proxecto da Casa da ...

VER +

Presentación Libro Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República - Pontevedra

Venres 9 de xuño, ás 19,30h na Libraría Baroja  Presentación do libro "Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República"  de Álvaro Rodríguez Núñez.  

VER +

Oito Apelidos Galegos . Sí, pero invisibles

Nestes días de aprobación de orzamentos do Estado, de negociacións entre grupos políticos varios; non me podo sentir máis invisible. E conste que non llo reprocho a eses diferentes territorios, máis ben é un reproche a nós mesmos, aos galegos. Esta ...

VER +

A guerra também foi nossa. Portugueses na Guerra Civil de Espanha

O Concello de Pontevedra, en colaboración coa comisión pola memoria histórica "Sempre con vós. Cidadanía pola verdade", xunto co "Instituto de Estudos Miñoranos" de Gondomar e a "Asociación Cultural Vagalumes" da Estrada traen a Galiza o documental "A Guerra também ...

VER +

Pablo Iglesias: O galego fundador do PSOE e a UGT

Nestes días tan atarefados na política nacional en xeral, e o Partido Socialista en particular, pensei que podería ser interesante un pequeno artigo sobre o fundador dun partido con tantos anos de historia ás súas costas como é o PSOE, ...

VER +

Exeria; a primeira turista de orixe galego da Historia

Que os galegos somos "viaxeiros" sabémolo todos, pero o curioso  é a historia desta muller, que viviu na antigüidade, alá polo século IV, e emprendeu viaxes culturais ata Oriente Próximo. Se lle coñece tamén como Egeria, Echeria e Eteria, nacida en ...

VER +

Aqueles Festivais do Verán. O Festival del Miño de Ourense

Con estes días de verán adiantado, sol por milleiros,  temperaturas inusualmente altas para a época do ano, e a resaca do festival de Eurovisión,  empezan a virme á memoria recordos daqueles festivais estivais que triunfaban na España dos 60 e ...

VER +

Ecomuseo de Arxeriz mostra un mapa interactivo das igrexas románicas da Ribeira Sacra

O Ecomuseo de Arxeriz, dependente da Fundación Xosé Soto de Fión, acaba de facer público un mapa interactivo que localiza as igrexas románicas presentes na Ribeira Sacra. O plano amosa a localización destes bens, o xeito de chegar e fotografías ...

VER +

Notas acerca do Camiño Portugués de Santiago

O Camiño ou ruta xacobea desde Portugal, moi posiblemente xa era un feito na época alta medieval, agora ben, é a partir da independencia do territorio luso no século XII cando comeza a tonarse máis vigorosa. Estas diferentes sendas do camiño, ...

VER +

O Conxunto Arqueolóxico Natural de Santomé - Ourense

A escasamente tres kilómetros do centro da capital de Ourense, encóntrase o Conxunto Arqueolóxico Natural de Santomé. Concorren nel, os valores históricos característicos dun complexo xacemento arqueológico, cos naturais derivados dunha contorna na que se conserva unha peculiar vexetación, con suxerentes ...

VER +

Haiche moito yeyé: A Movida Galega, Madrid escríbese con ‘V’ de Vigo

Ninguén que teña una certa idade – tampouco tan maiores eh! – poderá esquecer que pensabamos que entón eran “malos tiempos para la lírica” (ilusos que eramos, xa os quixésemos agora), e despregabamos o noso humor negro galego con aquilo de “y ...

VER +

E chegou o comandante e mandou parar… O pai de Fidel e Raúl Castro

Galegos polo mundo, ese parece noso sino que nos persegue secularmente. Dese ir e vir, temos descendentes por medio mundo. É o caso entre outros, de grandes figuras históricas como Simón Bolivar fundador das repúblicas da Gran Colombia e Bolivia ...

VER +

Homenaxe de Luis Bará a  Fernando Viéitez, histórico do movemento veciñal pontevedréss, falecido nestes días.

Por aquí todo ben, Fernando. Como ti querías. Deixaches a casa do sur arrombada, limpa, xeitosa, arranxada para que a xente toda faga uso dela. Con sitio abondo para todas as causas que encheron o teu corazón inxel e xeneroso. E con un cuarto propio que agora está baleiro, sen o teu sorriso, sen a túa luz, sen as túas mans magoadas de tanto facer o ben.

Fóra, na horta, cantan os paxaros neste domingo de sol. Botan de menos o teu ir e vir de gardián da casa do sur. Os teus coidados, a túa presenza permanente neste fogar comunal. Aquí segue o campo de xogos que nos deixaches e que agora nós coidaremos e agrandaremos, para cumprir a túa manda. Porque ti eras de dar, de compartir, de repartir.

Estamos de festa no barrio. Foi outro froito da túa teimosía, da túa inmensa bondade. Voltar a facer a festa de Campolongo, xuntar a veciñanza, encher de sorrisos e de alegría estes días de plena primavera xa. Hoxe ímonos xuntar no parque, imos botar unha partida de petanca  e seguro que che vai gustar vernos alí, nese espazo de encontros e de amizades que ti conseguías crear.

Como as xuntanzas anuais do barrio e as exposicións de fotografías antigas. O teu empeño en conservar e transmitir a memoria, o teu orgullo de ser fillo desta terra. O teu compromiso coa cidade, co país, co mundo. Canto ben fixeches e canto sentimos a túa ausencia!

Non podemos sentir tristeza porque foi unha sorte coñecerte e compartir a vida contigo. A conversa, a simpatía, o humor retranqueiro, o sorriso permanente, a bondade. Mira que fuches xeneroso que en plena enfermidade, cando o mal te devoraba por dentro, seguiches en pé, co entusiasmo e a entrega que poñías nas causas comúns. Debía ser que querías aproveitar os días, prescindir do acougo e da soidade, e entregarte en corpo e alma á tarefa que escolliches na vida: a da xenerosidade.

Hoxe fomos á casa do sur. Está limpa e arrombada, rebosante de luz, coas galas dun domingo de marzo. Como a deixaches ti. Como a querías ti, aberta á veciñanza, chea de vitalidade. Sentín non verte mais sei que estás en nós, en todas as persoas dispostas a facer realidade os teus proxectos, as túas arelas, os teus soños. Si, por aquí todo ben, Fernando.

 Luis Bará

Na memoria de Fernando Viéitez, para celebrar o súa xenerosidade, a súa bondade, e o agasallo da vida que foi coñecelo.

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 2 Promedio: 4.5]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario