Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Fran Cortegoso (Imaxe: Chan da polvora)

Un ano sen Fran Cortegoso

As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído? Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu ...

VER +

Programa Concertos Festas de Ourense 2017

24 de xuño - 2 de xullo ¬VER / DESCARGAR PROGRAMACIÓN CLICK AQUÍ

VER +

Unha nova unidade didáctica convida aos escolares a descubrir o Arquivo municipal - Pontevedra

O Concello editou mil exemplares da unidade didáctica co fin de achegala aos centros educativos da cidade e traballar con ela no propio arquivo onde tamén fanse visitas guiadas. A unidade foi elaborada polo persoal do Arquivo municipal e ilustrada ...

VER +

Programación de todas as Festas de Verán Pontevedra 2017

Música de bandas Xoves, 6 de xullo 21.00 h Baila a Banda. Praza do Teucro Concerto da Banda de Música de Pontevedra coa colaboración do Club de Baile Deportivo Adrián Esperón & Patricia Martínez “Baila Mos” Domingo, 9 de xullo 21.00 h ...

VER +

O Pazo cede unha aula permanente a Asociación de Escritores en Lingua Galega - Pontevedra

A Concellaría de Cultura cederá unha aula á Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) no Pazo da Cultura para que teña unha aula permanente en Pontevedra onde poida impartir os obradoiros da Escola de Escritores que organiza habitualmente na ...

VER +

Surfing The Lérez - Pontevedra

A cita será o 17 de xuño con catorce grupos e moitas actividades infantís. Volve unha nova edición do Surfing The Lérez que se celebrará o vindeiro 17 de xuño na Illa do Covo, como en citas anteriores. Este ano terá como ...

VER +

Baiona, Unha Vila Real

Esta preciosa vila está situada nunha tranquila baía entre Monte Real e ou Monteferro. A súa boa condición como porto natural motivou que fose unha poboación moito máis importante que Vigo ata o s. XVIII, cunha notable liberdade de comercio grazas ...

VER +

Homenaxe a Carlos Casares no Liceo de Ourense

7 de xuño ás 20h no Liceo de Ourense

VER +

Comeza o ciclo Sons na Rúa coa Banda de Música de Pontevedra (Programa)

Serán sete concertos, que se celebrarán entre o 8 de xuño e 18 de agosto, unha cita esta última que se desenvolverá na recta final das Festas da Peregrina. Coa chegada do tempo de verán as prazas e rúas da cidade ...

VER +

Presentación Libro Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República - Pontevedra

Venres 9 de xuño, ás 19,30h na Libraría Baroja  Presentación do libro "Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República"  de Álvaro Rodríguez Núñez.  

VER +

Concerto Solidario Ourense

Con 10 euros podemos contribuir, desde Ourense, ao desenvolvemento de países de África occidental, concretamente de Guinea Bissau, mediante proxectos sanitarios, sociais, educativos e medioambientais, así como de axuda a colectivos e persoas marxinadas ou desfavorecidas. E precisamente esa é a ...

VER +

Premios III Maratón Fotográfico Cidade de Ourense

1º Premio - Marta Dorribo Gonzalez - 1.000€ 2º Premio - Rafael Juliana Méndez - 500€ 3º Premio - Alba Araújo Pinto - 300€ A maiores, catro accesit ás mellores fotografías de cada serie. Accesit ¨Negro¨ - María Belén Alonso ...

VER +

Nova Páxina Web do Concello de Allariz

O Concello de Allariz lanza a súa nova páxina web www.allariz.gal, centrada na administración electrónica, a actualidade e o turismo (esta última aínda en construción). O novo espazo foi deseñado co obxectivo de transmitir unha maior transparencia ademais de permitir aos ...

VER +

Mini-científicos/as amosan as súas investigacións en Pontenciencia - Pontevedra (programa)

Achegarse a ciencia e a innovación dende a escola, promover o coñecemento científico, despertar a curiosidade, visibilizar a ciencia e todo elo vinculando a Universidade aos colexios. Con estes obxectivos chega Pontenciencia, a cita dos mini-científicos/as que presentarán, após de ...

VER +

Feira do Libro de Ourense

31 de maio – 4 de xuño en Ourense

VER +

A Illa de San Simón está moi próxima á costa, tanto que case se pode ir andando a ela cando a marea está baixa. Está situada fronte a Arcade, no Municipio de Redondela, na ensenada que leva o seu nome; A Ensenada de San Simón, na parte interna da Ría de Vigo. En realidade son dúas illas, a grande é San Simón e a pequena é a de San Antonio.

Posúe unha historia un tanto peculiar, foi un antigo centro de templarios, franciscanos e benedictinos ata 1830. Sufriu toda esta zona saqueos de diferentes flotas, posteriormente foi hospital lazareto, isto é leprosería, pero non só no sentido de tratar a enfermos de lepra, en realidade a súa función era a de regular as corentenas dos pasaxeiros daqueles barcos que se sospeitaba que traían algún tipo enfermidade, algo así como un Mahattan nas costas galegas. Do mesmo xeito que na illa de Nova York, desembarcábase en San Simón a aqueles barcos que puidesen chegar a ser unha ameaza para a saúde pública, unha vez pasado este control, podían chegar a terra.

san_simon

Tamén foi testemuña privilexiada da Batalla de Rande en 1702 coa armada anglo-holandesa, e do ataque das tropas francesas na Guerra da Independencia o 12 de abril de 1809 para castigar á poboación por prestar a súa axuda aos habitantes da próxima Tui.

O seu episodio máis negro e sinistro foi cando a empregaron como penal para presos políticos durante a primeira época franquista no período de 1936 a 1943, na que pasaron por ela miles de prisioneiros, chegando moitos a morrer neste lugar. Poderiamos dicir, que se converteu nunha illa-campo de concentración. Posteriormente foi utilizada como lugar de descanso da garda persoal de Franco –macabra ironía–, e padeceu máis tarde certo abandono.

En 1999 declarouse “Ben de Interese Cultural”.Actualmente restauráronse os edificios desta illa por parte da Xunta de Galicia, sendo considerado O Centro de Recuperación da Memoria Histórica de Galicia, para dunha vez recoñecer aos represaliados da etapa franquista. Tamén se utiliza para actividades relacionadas coa Universidade de Vigo.

O encargado de levar a cabo o proxecto de rehabilitación foi o arquitecto pontevedrés César Portela. Buscouse ser respectuoso coa contorna e a súa arquitectura, intentando desterrar o dramatismo da súa historia recente como campo de concentración da guerra civil. Logrouse un conxunto no que harmonizan en perfecta conxugación natureza e edificios da illa, alcanzando un certo aire de maxia e misterio.

Comentar que merecen unha mención os seus xardíns de bojs centenarios, chamados Xardíns dos Buxos.

Vídeo de César Portela :

 

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario