Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

progrape_1

os_palleiros1

A PROVINCIA DE PONTEVEDRA


A provincia de Pontevedra, como ben todos saben é unha das provincias galegas situada no noroeste da Península Ibérica, ao sudoeste da Comunidade Autónoma de Galicia. A capital da mesma é a cidade de Pontevedra.

A súa poboación está en torno dos 951.000 habitantes segundo datos do INE. Forman parte desta provincia 62 municipios, sendo os máis relevantes por poboación, Pontevedra capital e Vigo. Seguíndolles en importantes concentracións de habitantes Marín, Poio, Moaña, Cangas, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Redondela, Ponteareas , A Estrada, Lalín e Silleda.

O seu clima é oceánico litoral, con precipitacións abundantes e temperaturas suaves; é moi raro nela as nevadas e escasas as xeadas, sendo as cidades de Pontevedra e Vigo claros exemplos da benevolencia do tempo que gozan.

 

Pontevedra está conformada por diferentes comarcas:

-A Comarca do baixo Miño: A Garda, O Rosal, Oia, Tomiño, Tui

-A Comarca de Caldas: : Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas, Valga.

-A Comarca do Condado: Mondariz, Mondariz-Balneario, Neves, Salvaterra do Miño, Ponteareas.

-A Comarca de Deza: Silleda, Vila de Cruces, Golada, Rodeiro, Dozón, Lalín.

-A Comarca do Morrazo: Bueu, Cangas do Morrazo, Marín, Moaña.

-A Comarca de Paradanta: Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecentes.

-A Comarca de Pontevedra: Pontevedra, Poio, Barro, Campo Lameiro, Cotobade, A Lama, Pontecaldelas, Vilaboa.

-A Comarca do Salnés: Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo, Cambados, O Grove, Vilanoca de Arousa, Meaño, Ribadumia, Illa de Arousa, Meis.

-A Comarca de Tabeirós-Terra de Montes: Cerdedo, A Estrada, Forcarei.

-A Comarca de Vigo: Porriño, Baiona, Fornelo de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior, Vigo.

COMPARTE!!!