Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

progrape_1

os_palleiros1

CIDADES DO EIXO ATLÁNTICO


Esta entidade transfroteriza agrupa a unha serie de municipios do norte de Portugal e Galicia, agrupando neste momento a trinta e catro cidades.
Conta con máis de vinte anos, traballando en desenvolver o sistema urbano do territorio.

A Declaración de Porto (1 de abril de 1992); documento fundacional do Eixo Atlántico comeza con esta frase "A aplicación e entrada en vigor do acta ÚNICA EUROPEA a partir do 1 de xaneiro de 1993, así como o desenvolvemento das medidas adoptadas na Conferencia de MAASTRICHT requiren a urxencia de adoptar medidas políticas que permitan aseguar o papel das cidades na construción da EUROPA UNIDA"

Galicia e o Norte de Portugal estaban á vanguardia do proceso de integración europea que se estaba vivindo. En efecto en outubro do 19991 nacía A Comunidade de Traballo Galicia - Norte de Portugal, a primeira da fronteira hispano - lusa; e en abril de 1992, o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, unha asociación de municipios urbanos, unha singular rede de actores transfriterizos chamada a ter un papel notable no futuro.

Sen dúbida, a idea orixinal é deudora do que era nese momento alcalde de Porto, Fernando Gomes, co apoio de Carlos González Príncipe, alcalde de Vigo daquela. Tratábase de construír o mercado único entre nós ( Galicia - Portugal) e para iso, dicíase na Declaración " é condición indispensable a superación das barreiras físicas mediante infraestructuras públicas que permitan vertebrar un MERCADO ÚNICO TRANSFROTERIZO".

Na Declaración Fundacional "Nacemos coa vontade de diálogo e acordo con todos as outras institucións, Xunta de Galicia, Goberno de Portugal, Goberno de España, que están obxetivamente interesadas no Proxecto de Unidade e Cohesión Europea".

Doce cidades: Ourense, Ferrol, A Coruña, Santiago, Pontevedra, Vigo, Porto, Bragança, Chaves, Viana, Vila Real e Lugo, como cidades fundadoras; aproban os Estatutos que subscriben esta Declaración Fundacional que remata dicindo "comezamos desde hoxe a traballar para que Galicia e o Norte de Portugal sexan partícipes das novas centralidades europeas, para que as nosas cidades sexan centros da periferia e deixemos de ser a periferia do centro".

 

Para saber máis ¬ Click Aquí Páxina Web do Eixo Atlántico
 
 

COMPARTE!!!