Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

progrape_1

os_palleiros1

A PROVINCIA DE OURENSE


A provincia de Ourense atópase no noroeste da Península Ibérica e no sureste da Comunidade Autónoma de Galicia. A capital da provincia é a cidade de Ourense.

É ademais a única provincia galega sen costa ou saída ao mar. Conta cunha poboación en torno aos 340.000 habitantes e compóñena 92 municipios.

Entre os de maior poboación atópanse os seguintes:

-Ourense cidade, Verín, O Carballiño, O Barco de Valdeorras, Xinzo de Limia, Barbadás, O Pereiro de Aguiar, Allariz, Celanova, Ribadavia, A Rúa.

A destacar que o 32,33% da poboación da provincia reside en Ourense capital.

O seu clima é do tipo oceánico e con abundantes precipitacións, igual que o resto de Galicia. As súas temperaturas son suaves xeralmente todo o ano, chegando a alcanzar temperaturas moi elevadas nas súas máximas na estación de verán. Así e todo, a provincia pola existencia das súas altas montañas ofrece diferenzas segundo as zonas, distinguíndose catro zonas climáticas ourensanas.

As Comarcas:

-Comarca de Allariz-Maceda: Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadañero.

 

-Comarca da Baixa Limia: Bande, Entrimo, Lobeira, Lovios, Muiños.

 

-Comarca de O Carballiño: Beariz, Boborás, O Carballiño, Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro, San Cristobal de Cea.

 

-Comarca da Limia: Baltar, Brancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar do Barrio, Vilar de Santos, Xinzo de Limia.

 

-Comarca de Ourense: Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Ciprián de Viñas, Taboadela, Toén, Vilamarín.

 

-Comarca do Ribeiro: Arnoia, Avión, Beade, Caraballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Ribadavia.

 

-Comarca de Terra de Caldelas: Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira.

 

-Comarca de Terra de Celanova: A Bóla, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás, Verea.

 

-Comarca de Terra de Trives: Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives, San Xoan do Río.

 

-Comarca de Valdeorras: O Barco de Valdeorras, A Rúa de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Laroco, Petín, Rubiana, A Veiga, Vilamarín de Valdeorras.

 

-Comarca de Verín: Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oimbra, Riós, Verín, Vilardevós.

 

-Comarca de Viana: A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo, Vilariño de Conso.

COMPARTE!!!