Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

progrape_1

os_palleiros1

ESTUDAR EN OURENSE


A Universidade de Vigo atópase en Vigo, pero ten campus propios en Pontevedra capital e Ourense capital.

O seu fundación data do ano 1990 segregada da Universidade de Santiago de Compostela, e baseándose na experiencia previa do Colexio Universitario de Ourense, as Escolas de Enfermería e Maxisterio de Pontevedra e o Colexio Universitario de Vigo.

En canto a datos do alumnado, o campus con maior número de ocupación é Pontevedra (97%), Vigo(94%) e Ourense (91%).

 

O campus de Ourense sitúase no barrio das Lagoas da cidade, integrado unha parte no casco urbano ( nos edificios do Antigo Hospital Provincial de Ourense) e a outra, unha zona recente e moderna alén da estrada, unidas mediante unha pasarela peatonal.

 

Os estudos que se imparten no campus  de Ourense son:

CAMPUS DE OURENSE

 

-CITI Centro de Investigación, Transferencia e Innovación

-Escola Superior de Enxeñería Informática

-Facultade de Historia

-Facultade de Ciencias

-Facultade de Dereito

-Facultade de Ciencias da Educación

-Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.

 

Centro Adscrito:

-Escola Universitaria de Enfermería

 

 

Ourense tamén conta con:

-A Escola de Arte e Superior de Deseño de Ourense - Antonio Failde. Imparte ciclos de fotografía, ilustración e ebanisteria.

- A sede da UNED (Universidade Nacional de Educación a Distancia) en Ourense

COMPARTE!!!