Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Fran Cortegoso (Imaxe: Chan da polvora)

Un ano sen Fran Cortegoso

As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído? Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu ...

VER +

- GALLEGO REI, M.: A beira da Santiña, edita Mario Gallego Rei, Pontevedra, 2016.
- Hemeroteca.

O Milagre das Uvas e do Millo

O Burgo, verdadeiro territorio de carácter e circunstancias propias, é a Triana da nosa Pontevedra. Nunca alleo ao discurso e ao devir da cidade, ofrécenos unha historia e, ao fin, un legado que convén non desprotexer. O crecemento urbano nunca ...

VER +

Sinsabores dunha Pedra Importante: O Miliario de Adriano

Por miliario entendemos unha columna pétrea de gran peso e  tamaño que funcionaba a xeito de marco quilométrico nas antigas vías romanas. E frecuente que leven inscricións onde se especifica a vía na que se atopaba, así como a distancia ...

VER +

Boa Semana!

Desde a Rúa do Paseo de Ourense...Boa semana! Autora:  

VER +

Boa Semana!

En Santa Mariña  de Augas Santas (Allariz - Ourense) Autora:    

VER +

Haiche moito yeyé: A Movida Galega, Madrid escríbese con ‘V’ de Vigo

Ninguén que teña una certa idade – tampouco tan maiores eh! – poderá esquecer que pensabamos que entón eran “malos tiempos para la lírica” (ilusos que eramos, xa os quixésemos agora), e despregabamos o noso humor negro galego con aquilo de “y ...

VER +

Feliz día do Traballo

1 de Maio. Feliz día do Traballador

VER +

Ser galego non é fácil

Paul Theroux  escribía no seu libro The Pillars Of Hercules (1995 -  As Columnas de Hércules) ..." tiña todas as características dos galegos, que son, sobre todo, inexplicables e enigmáticos". Si, ser galego non é fácil... Somos un pobo con moitos ...

VER +

Los hombres rana de Potter que recuperaron los cadáveres

El naufragio del Ave del Mar

(O autor escribe en español, respéctase o idioma de orixe) Las islas Cíes, el paraíso natural tan cerca de nosotros, lugar de leyendas y testigo de numerosos naufragios se hacía eco de un triste suceso ocurrido hace 60 años, que llenó ...

VER +

A Xunqueira da Gándara do Alba: Un paraíso natural na cidade de Pontevedra

Dende 2012 a cidade de Pontevedra posúe un ENIL, ou o que é o mesmo: un Espazo Natural de Interese Local. Trátase de case 70 hectáreas –das cales 48 pertencen á xunqueira propiamente dita– conformando un dos máis fermosos paraxes ...

VER +

AQUIS QUERQUENNIS : A Mansión Varia

Nela podemos ver un monólito no que están gravados o número de millas existentes entre Braga e Astorga, e mostra así as mansións da vía coas súas correspondentes distancias intermansionarias. Os restos deste establecemento hostaleiro foi erixido seguramente en dous momentos ...

VER +

Boa semana!

Desde Celanova e con Don Celso Emilio Ferreiro Autora:

VER +

Imaxe do día

Bo dia desde Santa Mariña de Augas Santas Autora:  

VER +

Imaxe do día

Desde unha xanela calquera ... Bo día! Autora:  

VER +

Imaxe do día

Bo día desde calquera río galego!!! Autora:    

VER +

Con tan só 26 anos de idade morría en Pontevedra, a causa da tuberculose, Luís Gustavo amado Carballo, un dos poetas de maior influencia na lírica galega posterior a pesares da súa curta idade e obra que deixou feita.

Naceu en Pontevedra un 2 de maio de 1901 na casa número 9 da rúa do Progreso, hoxe Benito Corbal. Fillo de Luís Amado de la Riega e Consolo Carballo Pesqueira, natural de Pontevedra o primeiro e de Redondela a segunda. Seus avós tamén eran da cidade do Lérez coa excepción da avoa materna que era natural de Santiago de Compostela. O apelido de la Riega o emparentaba co celebre historiador Celso García de la Riega, introdutor da teoría do Colón galego.

poeta

Foi ao colexio Balmes de Pontevedra e ao Instituto Xeral e Técnico da mesma cidade. Cursaría estudos superiores, entre Santiago e Madrid, en Filosofía e Letras sen que chegara a rematalos. Foi precisamente en Madrid onde fraguou o seu gusto literario, coñecendo diversos personaxes, frecuentando o faladoiro do café Pombo e colaborando coa publicación La Tribuna. Xa de volta en Pontevedra colaborará en A Nosa Terra. Os traballos sucederanse: en 1922 publica na revista Alborada –que el mesmo funda xunto a Xoán Vidal– o conto “Maliaxe”; durante 1924 vai publicando poemas en La Concordia, de Vigo; máis adiante traballará para El pueblo gallego, Progreso, Vida Céltica e outras publicacións. A novela Os probes de Deus chegou en 1925 na colección Lar.

Casou con María López Fernández na Basílica de Santa María o 10 de decembro de 1924; ambos se viran por primeira vez doce anos antes, no Teatro Principal, cando Luís, de fráxil aspecto, declamara o poema de Gastañaduy «Un vello paroleiro» e ela tocaba o piano en compaña de seu pai; a María dedicaralle os poemas contidos na súa obra Proel. Un ano despois, en 1925, contrae a tuberculose pulmonar que levarao a abandonar o xornalismo e retirarse, por prescrición medica, a Soutelo de Montes. Sen embargo, deixase caer polo barrio pontevedrés de Santa Margarida cando pode, e alí compoñerá a maioría dos poemas de O Galo. En 1927 titulouse coma mestre. O seu único libro de poemas publicado en vida foi Proel, en 1927. Máis adiante, amigos do poeta darán a luz O galo, compilación do material poético de Luís, publicado en Nós. Desde entón o interese pola súa obra foi medrando enormemente ata consideralo coma un renovador da lírica galega do momento. Ao cabo de ano de fenecer, o Seminario de Estudos Galegos homenaxeouno na súa sepultura no cemiterio de San Amaro. En 1982 se lle adicou o Día das Letras Galegas.

Cursaría estudos superiores, entre Santiago e Madrid, en Filosofía e Letras sen que chegara a rematalos. Foi precisamente en Madrid onde fraguou o seu gusto literario, coñecendo diversos personaxes, frecuentando o faladoiro do café Pombo e colaborando coa publicación La Tribuna. Xa de volta en Pontevedra colaborará en A Nosa Terra.

Mostrou interese polos temas esotéricos e seguiu de preto os movementos galeguistas –manterá polémicas con Vicente Risco–; a terra, descrita a xeito impresionista, será unha constante nos seus versos xunto ao amor.

A lírica de Amado Carballo basease nunha métrica tradicional que da pulo a vivas imaxes paisaxísticas, descritas de forma maxistral. Pretende dar equilibrio a elementos enxebres xunto a outros de vangarda. A figura humana deixa o seu lugar na obra do vate a favor do paisaxe, ben sexa rural, urbano, mariñeiro, campesiño ou das terras do Lérez… Fálase dunha escola «pontevedresa», «hilozoista» ou «amadocarballista» a partires da obra de Luís Amado. O certo é que se foi moi cedo, cando comezaba a dar o mellor de si mesmo. Quen sabe ata onde podería haber chegado o seu delicado talento?
NOITE
A cidade pesca á ardora
e diante da súa rede
de luces de ouro tomado
foxe a lúa como un peixe
(Proel, 1927)

Para saber máis:
– Amado Carballo, L.: Obras en prosa e verso, Edicións Castrelos, Colección Pombal-Serie Verde, Vigo, 1970.
-Filgueira Valverde, X.: “Amado Carballo no Día das Letras Galegas.1982.”, Terceiro Adral, Ediciós do Castro/Ensaio, Sada- A Coruña, 1984, pp.385-391.
– López Casanova, A.: “O sistema poético de Amado Carballo (para unha análise do impresionismo eglóxico na lírica galega moderna)”, en Eduga: Revista galega do ensino, Nº 38, 2003, pp.76-103 (Dispoñible en PDF)
– Ruibal, A.: Pontevedreses, edita Lérez Edicións S.L., Pontevedra, 2006, pp.56-57.

Autor:

 

mateo_pub
Mateo Fontán Couto. Historia, Arqueoloxía, Natureza / Historia, Arqueología, Naturaleza

face_icono

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario

buscar_navegador

 

 

Navegador da Web