Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Fran Cortegoso (Imaxe: Chan da polvora)

Un ano sen Fran Cortegoso

As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído? Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu ...

VER +

Programa Concertos Festas de Ourense 2017

24 de xuño - 2 de xullo ¬VER / DESCARGAR PROGRAMACIÓN CLICK AQUÍ

VER +

Unha nova unidade didáctica convida aos escolares a descubrir o Arquivo municipal - Pontevedra

O Concello editou mil exemplares da unidade didáctica co fin de achegala aos centros educativos da cidade e traballar con ela no propio arquivo onde tamén fanse visitas guiadas. A unidade foi elaborada polo persoal do Arquivo municipal e ilustrada ...

VER +

Programación de todas as Festas de Verán Pontevedra 2017

Música de bandas Xoves, 6 de xullo 21.00 h Baila a Banda. Praza do Teucro Concerto da Banda de Música de Pontevedra coa colaboración do Club de Baile Deportivo Adrián Esperón & Patricia Martínez “Baila Mos” Domingo, 9 de xullo 21.00 h ...

VER +

O Pazo cede unha aula permanente a Asociación de Escritores en Lingua Galega - Pontevedra

A Concellaría de Cultura cederá unha aula á Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) no Pazo da Cultura para que teña unha aula permanente en Pontevedra onde poida impartir os obradoiros da Escola de Escritores que organiza habitualmente na ...

VER +

Surfing The Lérez - Pontevedra

A cita será o 17 de xuño con catorce grupos e moitas actividades infantís. Volve unha nova edición do Surfing The Lérez que se celebrará o vindeiro 17 de xuño na Illa do Covo, como en citas anteriores. Este ano terá como ...

VER +

Baiona, Unha Vila Real

Esta preciosa vila está situada nunha tranquila baía entre Monte Real e ou Monteferro. A súa boa condición como porto natural motivou que fose unha poboación moito máis importante que Vigo ata o s. XVIII, cunha notable liberdade de comercio grazas ...

VER +

Homenaxe a Carlos Casares no Liceo de Ourense

7 de xuño ás 20h no Liceo de Ourense

VER +

Comeza o ciclo Sons na Rúa coa Banda de Música de Pontevedra (Programa)

Serán sete concertos, que se celebrarán entre o 8 de xuño e 18 de agosto, unha cita esta última que se desenvolverá na recta final das Festas da Peregrina. Coa chegada do tempo de verán as prazas e rúas da cidade ...

VER +

Presentación Libro Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República - Pontevedra

Venres 9 de xuño, ás 19,30h na Libraría Baroja  Presentación do libro "Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República"  de Álvaro Rodríguez Núñez.  

VER +

Concerto Solidario Ourense

Con 10 euros podemos contribuir, desde Ourense, ao desenvolvemento de países de África occidental, concretamente de Guinea Bissau, mediante proxectos sanitarios, sociais, educativos e medioambientais, así como de axuda a colectivos e persoas marxinadas ou desfavorecidas. E precisamente esa é a ...

VER +

Premios III Maratón Fotográfico Cidade de Ourense

1º Premio - Marta Dorribo Gonzalez - 1.000€ 2º Premio - Rafael Juliana Méndez - 500€ 3º Premio - Alba Araújo Pinto - 300€ A maiores, catro accesit ás mellores fotografías de cada serie. Accesit ¨Negro¨ - María Belén Alonso ...

VER +

Nova Páxina Web do Concello de Allariz

O Concello de Allariz lanza a súa nova páxina web www.allariz.gal, centrada na administración electrónica, a actualidade e o turismo (esta última aínda en construción). O novo espazo foi deseñado co obxectivo de transmitir unha maior transparencia ademais de permitir aos ...

VER +

Mini-científicos/as amosan as súas investigacións en Pontenciencia - Pontevedra (programa)

Achegarse a ciencia e a innovación dende a escola, promover o coñecemento científico, despertar a curiosidade, visibilizar a ciencia e todo elo vinculando a Universidade aos colexios. Con estes obxectivos chega Pontenciencia, a cita dos mini-científicos/as que presentarán, após de ...

VER +

Feira do Libro de Ourense

31 de maio – 4 de xuño en Ourense

VER +

Antigo mosteiro benedictino situado na comarca de Ourense, ó norte do municipio de Nogueira de Ramuín, na ladeira meridional do río Sil.

Aínda que se atribuíu a súa fundación a San Martín Dumiense no século VI, a primeira documentación conservada é un privilexio de Ordoño II do ano 921; nel autoriza ao abad Franquila a reconstruír o mosteiro, concedéndolle numerosas posesións. Durante os séculos posteriores crece a súa importancia, creándose a que parece en parte lenda, que afirma que durante os séculos X e XI retiráronse ó mosterio nove santos bispos, o que estendeu a súa fama e foi recollido no escudo do mosterio con nove mitras. A finais do século XV, a reforma monástica imposta polos Reis Católicos e o Cardeal Cisneros propicia a súa incorporación, en 1499, á congregación de San Benito de Valladolid. Desde 1530 ata a exclaustración de 1875 é Colexio de Artes, pasando despois a igrexa a parroquial.

Durante os séculos posteriores crece a súa importancia, creándose a que parece en parte lenda, que afirma que durante os séculos X e XI retiráronse ó mosterio nove santos bispos

san_estevo1

Foto: Wkipedia/  José Antonio Gil Martínez

A igrexa abacial é románica, de finais do século XII e comezos do XIII, pero sufriu modificacións posteriores. Ten planta basilical, con tres naves rematadas por tres ábsides semicirculares. Orixinalmente tiña teito de madeira, que foi substituído no século XVI por bóvedas de crucería. A cabeceira románica da igrexa é a parte máis interesante do seu exterior; os ábsides laterais foron aumentados no século XVI ó construír as bóvedas das naves, adquirindo aspecto de torreóns. A fachada occidental caracteriza o conxunto polas súas dúas torres prismáticas acabadas en pedra, de finais do século XVII e principios do XVIII, como gran parte da fachada. Malia iso conserva claros vestixios da primitiva fachada, como son os dous grandes contrafortes que flanquean a portada.

O mosteiro organízase ó redor dos seus tres claustros. O claustro dos Bispos, en realidade o claustro Regular ou das Procesións, de dous corpos e planta rectangular, é o máis antigo e comunica directamente coa igrexa. O primeiro corpo é románico, de principios do século XII. O segundo corpo, do século XVI, é gótico aínda que reformado posteriormente. O claustro pequeno, situado ao norte do anterior, foi construído por Diego de Illa a partir de 1595; está composto por dous corpos, formados por arcos de medio punto sobre columnas dóricas. O claustro da Portería ou claustro Grande, situado ó oeste dos dous anteriores, é de planta rectangular. Ten tres corpos, ningún abovedado, con arcos de medio punto. No corpo intermedio atopouse encaixado nun muro un extraordinario retablo ou altar románico, probablemente de principios do século XII, que logo foi trasladado ao brazo norte do cruceiro.

Ten planta basilical, con tres naves rematadas por tres ábsides semicirculares. Orixinalmente tiña teito de madeira, que foi substituído no século XVI por bóvedas de crucería.

santo-estevo2

Foto: Wkipedia/  José Antonio Gil Martínez

Entre as dependencias mellor conservadas do mosteiro destaca en primeiro lugar a cociña, situada no ángulo nordeste do conxunto, de planta cadrada cun gran fogar central de pedra sobre catro columnas exentas. En segundo lugar a escaleira de honor, situada á beira da portería, cuberta cunha fermosa bóveda de crucería de 1739, con nove rosetóns variadamente decorados.

O edificio foi declarado Monumento Histórico Artístico no ano 1923. O Mosterio de Santo Estevo foi adaptado como Parador de Turismo e inaugurado no ano 2004.

¬Páxina Web do Parador Click aquí

parador1

Vídeo:

Fonte: Concello de Nogueira de Ramuín

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario