Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

A Carballeira de San Xusto – Cotobade (Pontevedra)

28 Abril, 2016

Atópase na parroquia de San Xurxo de Sacos nunha lomba sobre o río Lérez.É un lugar tradicional de encontro e referencia de lendas e vellos contos; contén carballos centenarios ademais de castiñeiros e carballo americano. Dunha ampla extensión no pasado, hoxe está moi minguada.

Entre 1990 e 1996 houbo un conflito pola propiedade da carballeira entre os veciños da parroquia de San Xurxo de Sacos e a arquidiocese de Santiago de Compostela. O 6 de xuño de 1990 o párroco Manuel Lorenzo efectuou en Ponte Caldelas o rexistro a nome da Igrexa deste espazo e do monte de Lixó. Logo de diversos actos de protesta, durante anos de enfrontamento, a Audiencia Provincial e o Tribunal Supremo ratificaron a resolución ditada por un Xulgado de Instrucción que daba a razón aos veciños. A propiedade da carballeira é da Comunidade de Montes da parroquia.

A carballeira está presidida por un cruceiro e unha capela, na que os días 5 e 6 de agosto se celebra a romaría de Santos Xusto e Pastor. A veciñanza e a xente chegada en peregrinación participaba na procesión do santo polos lugares da parroquia, na que ademais das imaxes de diferentes santos, ía o estandarte da Sociedade de Agricultores de San Xurxo de Sacos, fundada en 1903.

Algúns dos peregrinos ían ofrecidos, levando caixas de mortos e ofrendas para puxar por elas.

En xuño de 2007 inaugurouse unha estatua en memoria da loita veciñal, concibida polo escultor Alfonso Vilar e rematada polo alumnado da Escola de Canteiros de Poio.

A escultura inclúe a seguinte inscrición:

Carballeira do San Xusto / carballeira enramada. / ¡Ao pé dous teus cen carballos / plantei a miña palabra! / 1990-1996

Fonte: Concello de Cotobade

 

 

 

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo