Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

A Lamprea

9 Marzo, 2016

Lamprea. (Petromyzon Marinus Linnaeuus).

Coñecida en Galicia cos nomes de lamprea ou chupona.

Introdución:

A lamprea mariña (Petromyzon marinus) é un peixe serpentiforme de esqueleto cartilaxinoso, cunha boca característica en forma de ventosa. É un parasito externo de peixes e mamíferos mariños que vive no mar pero que se reproduce en auga doce, migrando aos ríos durante a primavera.

Durante os seis primeiros anos vive no río, alimentándose de algas microscópicas, ata chegar a medir aproximadamente 25 cm. Despois diríxese cara ao mar onde pasa dous anos, antes de regresar ao río.

No mar, a lamprea parasita a grandes peixes e mesmo mamíferos mariños, aos que se fixa coa boca, furándolles a pel para lles succionar o sangue. As fases mariñas da especie non se coñecen suficientemente, pero sábese que acompaña nos seus desprazamentos migratorios aos peixes aos que parasita.

Descrición:

Ten forma de anguía, coa cabeza pouco diferenciada. Os ollos son pequenos, a cada lado do corpo. Detrás da cabeza presenta sete orificios por onde respira. Posúe unha pel mucosa e sen escamas. A súa cor, na rexión dorsal, é marrón amarelento, con manchas escuras, e na parte inferior é de cor agrisada.

A súa boca é circular e en forma de ventosa para se fixar ás presas das que se alimenta, con varios círculos concéntricos de dentes córneos, ademais dunha lingua, tamén córnea, usada para raspar os tecidos. Estas características permítenlles raspar a carne e sorber o sangue de animais tan diversos como quenllas, salmóns e outros mamíferos mariños.

Vídeo: Así se cociña a mellor lamprea do Miño

 

 

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo