Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

A pesca tradicional da lamprea en Galicia

9 Marzo, 2016

Orixe e pesca

Tempada:

Encóntrase en veda dende marzo a decembro.

Orixe:

Podemos encontrala nos concellos das Neves, Arbo, Salvaterra de Miño, Tui, e en xeral en toda a conca do río Miño situada por debaixo do encoro de Frieira. En Portugal nas cidades de Melgaço, Monção e Valença. O Ulla e o Tambre tamén son ríos onde a lamprea se pesca por diversos procedementos. Ademais, péscase en Asturias e, aínda que máis escasa, na vertente cantábrica, no Guadiana, o Guadalquivir e o Ebro.

Arte de pesca:

Péscase cando chega ao río para aparearse cun sistema moi específico que consiste nun embude similar á nasa, coñecido como voitirón, tamén utilizado para a anguía. Por outro lado, utilízase o arpón e a fisga; non obstante, é importante que o exemplar non se desangre.

No Baixo Miño utilízanse unhas construcións únicas chamadas “pesqueiras”, situadas a ambos os dous lados do río Miño con forma de paralelepípedos construídos de pedra que penetran na canle fluvial dende as dúas ribeiras e que teñen por función capturar distintas especies piscícolas, entre elas a lamprea.

Reprodución:

A súa reprodución comeza coa construción de niños no fondo dos ríos, adheríndose coas súas ventosas ás rochas e entrelazando os seus corpos. Despois de realizaren a posta os adultos morren.

 

Para a pesca da lamprea empréganse artes de antigüidade milenaria, estamos falando da época da romanización. Desde entón nalgúns ríos galegos, practícase esta actividade. Un legado histórico que chegou ata os nosos días, e que nunca antes se había filmado como agora.

Fonte: http://www.gastronomiadegalicia.com/

 

 

 

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo