Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Contando arroaces nas Rías Baixas

28 Abril, 2016

Foto: Investigadores da CEMMA, na campaña de monitorización dos arroaces nas Rías Baixas, a bordo do barco ‘Bahía de Nergha’ | Fonte: CEMMA.

Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) deu comezo este luns, 25 de abril, a unha nova campaña marítima dentro do proxecto ‘Monitorización dos arroaces das Rías Baixas, TTRE16RB’. A campaña marítima empezou coa solta das amarras na madrugada do día 25 na ría e Vigo e alcanzará a ría de Arousa o mércores, voltando despois ao punto de orixe.

Para levar a cabo o estudo conformouse un equipo de especialistas experimentados dirixido por José Antonio M. Cedeira, biólogo e presidente da CEMMA, a bordo do veleiro ‘Bahía de Nergha’.

Unha das principais actividades deste proxecto é realizar mostraxes centradas no estudo do arroaz nas augas das Rías Baixas. Segundo explican os propios investigadores, o Tursiops truncatus —o máis común dos golfiños— é a especie de cetáceo que vive máis preto das nosas costas.

O obxectivo é a cuantificación do número de mandas e de exemplares que usan as Rías Baixas na súa vida diaria. Segundo os cientiíficos da CEMMA, as últimas investigacións indican que as rías son utilizadas por mandas de arroaces chamadas “de gardería”, xa que son os grupos nos que as femias paren e crían aos seus cachorros ata a adolescencia. Cumpridos os tres anos, os arroaces abandonan as mandas e diríxense a outras áreas da plataforma continental para alimentarse.

MÉTODO DE ESTUDO

Nas labores de investigación estanse a recoller datos de avistamentos, comportamento e fotografías para cuantificar o número de exemplares e rexistralos individualmente para saber quen compoñen as diferentes mandas. A CEMMA ten rexistrados exemplares identificados polas aletas dende hai 16 anos e nas súas bases de datos constan máis de 400 cetáceos diferentes. Ademais, estanse realizando gravacións acústicas dos sons para estudar o seu comportamento.

Esta investigación pretende delimitar o estado actual dos grupos para tratar de descifrar o proceso de renovación poboacional a partir de que, no mes de xuño, comecen a nacer os cachorros. Segundo os rexistros da CEMMA,anualmente morren entre 25 e 40 arroaces na plataforma continental galega; agora, os investigadores tentan averiguar cantos nacen para estudar a taxa de renovación. “Ata o de agora, non nos consta que a poboación estea en crecemento”, explican os expertos.

Fonte: Galicia Confidencial

 

 

 

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo