Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

O Catálogo das Paisaxes de Galicia

3 Agosto, 2016

Delimitará 211 áreas de especial interese. O documento definitivo foi aprobado incorporando 192 novos lugares e 28 miradoiros aos recollidos anteriormente.

O último Consello da Xunta de Xullo deu luz verde ao decreto de aprobación do Catálogo das paisaxes de Galicia, que delimita 211 áreas de especial interese paisaxístico (AEIP)que abarcan un total de 252.595 hectáreas.

¬VISOR DEL CATÁLOGO

Estas 211 AEIP, catro máis das recollidas no borrador, supoñen a protección do 8,54% do territorio galego como solo rústico de protección paisaxística. O documento é xa o definitivo, tras pasar por un proceso de exposición pública en que se foron incorporando novidades como resultado das alegacións presentadas polos distintos sectores e pola poboación en xeral.

As principais novidades pasan pola incorporación de 192 novos lugares de especial interese paisaxístico, que deron lugar a catro novas AEIP (Pego Negro e San Xusto-Río Lérez na grande área paisaxística Rías Baixas, Foxo Vello-O Canelar na grande área Chairas, Fosas e Serras Ourensás e Coto de Codeseda na grande área Galicia Central), así como á ampliación doutras 11 áreas existentes.

Tamén se incluíron no catálogo todos os miradoiros solicitados nas alegacións que cumprían as condicións de accesibilidade mencionadas na memoria do Catálogo, o que deu lugar á inclusión de 28 novos miradoiros, pasando de 444 a un total de 472 os integrados no inventario do catálogo.

O Catálogo, ademais de protexer as paisaxes excepcionais a través das AEIP, é o punto de partida para a protección, xestión e planificación da paisaxe de todo o territorio galego a través da identificación dos 258 tipos de paisaxe e a delimitación das 28.350 unidades de paisaxe que servirán de base para as directrices de paisaxe, nas cales xa se está traballando. O catálogo, xunto coas directrices constituirán, o Atlas das paisaxes de Galicia, que dará soporte aos diferentes instrumentos de ordenación territorial e urbanística, así como aos estudos de impacto e integración paisaxística e aos informes sectoriais en materia de paisaxe.

Fonte: Cultura Galega

 

 

 

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo