Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

O Porto de Pontevedra

1 Xuño, 2016

O porto de Pontevedra, situado no fondo da ría, na desembocadura do río Lérez, presenta unha dársena comercial e pesquera que é utilizada por embarcacións menores, e unha dársena deportiva que se acha magníficamente situada fronte ao casco urbán, no paseo fluvial, cun club náutico que proporciona os servizos correspondentes.

Características Principais
Prazas de amarre para embarcacións: 145

Entrada marítima

Ao tratarse dun porto ubicado no centro da cidade, ás beiras do río Lérez, o seu acceso desde Marín está perfectamente sinalizado seguindo o curso do río, canalizado e con dous metros de calado en BMVE. Hai bancos de area, polo que hai que ter en conta o estado da marea e as súas correntes. Ofrece un excelente resgardo.

Comunicacións e accesos

Aeroporto máis proximo: Peinador (Vigo), a 30 km, tlf. 34 986 268 200. Outros: Lavacolla (Santiago), tlf. 34 981 597 400.
AP-9 Autopista do Atlántico a Pontevedra saída norte.
Ten tanto estación Renfe (Tlf. 34 986 851 313) como estación de autobuses (Tlf. 34 986 852 408).

Pontevedra é unha cidade para ser paseada, con rúas plácidas, sosegadas e prazas para remansarse. É a capital do Camiño de Santiago Portugués, e por ela pasan miles de peregrinos. A Virxe Peregrina simboliza a vinculación xacobea coa cidade. Os amantes da arte teñen a opción de entrar no Museo Provincial, que ocupa varios edificios de gran beleza. Outros monumentos de interese especial son: a igrexa de San Bartolomé, o convento de Santa Clara, o de San Francisco e as ruínas de Santo Domingo. Nos arredores da cidade atópase o monasterio benedictino de Lérez, que conserva parte do claustro do século XVI e a igrexa neoclásica con fachada barroca do século XVIII. Lugares de lecer son o área recreativa da lagoa de Castiñeiras e o Alto Cotorredondo.

Fonte: Portos de Galicia

 

 

 

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo