Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

O Río Sil

12 Xaneiro, 2016

Foto: Porgaliciabaixo

O Río Sil atópase unido ao Miño no seu destino como principal afluente, o refraneiro di aquilo de “O Sil leva a auga e o Miño a fama”.

O certo é que o Sil tanto en caudal como en lonxitude supera ao Miño en máis ou menos uns vinte quilómetros. Aínda que é o maior afluente do tamén maior río galego, o Sil non nace en Galicia, faio en Pena Orniz na Cordilleira Cantábrica e a súa conca é de sete mil novecentos oitenta e dous quilómetros cadrados; cando se xuntan as do Miño e Sil dannos unha impresionante conca de dezasete mil vinte e seis quilómetros cadrados.

.O seu relevo caracterízase por unha sucesión de vales e cristas atravesando en León, o Bierzo, Babia e Laciana, en Ourense Valedorras, Lemos, Quiroga e O Bolo, contrastando os suaves relevos co encaxonamento do río no chamadoCanón do Sil, en plena Ribeira Sacra, entre Ourense e Lugo

Ten como principais afluenteso Boeza, o Cabrera, o Navea, o Bibei que se une ao Sil en Montefurado habendo pasado entre os dous polos pobos de Viana do Bolo, ou Birlo, A Veiga, Petín, Larouco, Manzaneda, Vilariño de Conso, Carballeda, Rubiá, O Barco, Villamartín de Valedorras, A Rúa e Petín. Pero o Sil segue recibindo afluentes entre as terras de Montefurado e Os Peares, o Caboalles, o Cabe, o Mao, o Cúa, o Burbia, o Selmo; desde A Serra dous Cabalos o Soldón, da Serra do Caudel o Quiroga e o Lor, e así segue o seu percorrido ata desembocar no Río Miño nos Peares (en Ourense).

Toda esta conca Sil-Miño merece a pena visitala pola súa espectacular beleza e historia, pero neste caso deterémonos un pouco máis no Canón do Sil; unha garganta cuns trinta e cinco quilómetros de lonxitude, transformada pola propia Natureza nuns casos e pola man do home noutros, como exemplo as terrazas para explotación agrícola case toda con dedicación a viñedos.
Danse nesta zona grandes desniveis e precipicios de máis de cincocentos metros, co cal podemos supor o impresionante das súas vistas. Toda a comarca está chea de miradoiros naturais e feitos polo home á mantenta, para gozar das súas paisaxes.
Estando situada onde está, o seu clima é o tipicamente atlántico-continental dándose así frondosos bosques de carballos, castaños e piñeiros, no entanto e curiosamente, no interior do canón danse as condicións para que se produza un micloclima de tipo mediterráneo, variando as especies vexetais a laranxos, madroños, aciñeiras, alcornoques, oliveiras, avellanos, salgueiros, lavandas… En canto á vida animal tamén é moi diversa; lobos como en case toda Galicia, pero ademais corzos, nutrias, martines pescadores, garduñas, gatos monteses, aves rapaces como a lechuza, os buhos reais, azores, algunhas variedades de aguias (entre outra o Aguia Real), falcóns peregrinos, e todo tipo de aves como garzas reais e diferentes especies de patos.

Tampouco hai que deixar de visitar o Mosteiro de Santo Estevo ou o de Santa Cristina.

Para rematar, se tes tempo non debes deixar de facer o descenso en catamarán polo Sil que dura aproximadamente unha hora e media. Realízanse desde o 1 de marzo ata mediados de decembro.

 

Vídeo "Ribeira Sacra. Cañones del Sil"

 

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo