Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

O Río Ulla

14 Xaneiro, 2016

O Río Ulla arrinca na provincia de Lugo, en concreto nas proximidades dos Montes de Vacaloura (Monterroso), no Concello de Antas de Ulla.

Ten un percorrido de cento trinta e dous quilómetros, ao longo dos cales pasa por concellos como A Estrada, A Golada, Ames, Antas de Ulla, Arzúa, Boqueixón, Catoira, Dodro, Dozón, Forcarei, Lalín, Melide, Monterroso, Pas de Rei, Padrón, Rianxo, Rodeiro, Santiago de Compostela, Santiso, Silleda, Teo, Toques, Touro, Valla, Vedra e Vila de Cruces, ata desembocar nas augas da Ría de Arousa; alimentándose de diferentes afluentes: Postillón, Valpedre, Deza, Sar e Arneiro,sendo así, a segunda conca máis importante de Galicia (2.764 quilómetros cadrados) logo da do Miño.

Conta con varias fontes termais –con propiedades curativas para a pel por exemplo–, como nos indican aquelas poboacións que no seu nome levan o engadido de “caldelas ou caldas”.

Desde o punto de vista da pesca, son cursos fluviais ricos nela, con salmóns, troitas, anguías e lampreas como principais atractivos. En canto á pesca da lamprea, son famosas as “pesqueiras” en Herbón (Padrón) de época romana (e parece ser que datadas no século IX), en verdade non moi ben conservadas, si estando en mellores condicións as Areas, O Plateado, O Canal, A Trapa e O Coqueiro.

Estas pesqueiras atópanse normalmente situadas perpendicularmente á correntes do río exceptuando a parte central que queda libre para permitir o remonte das augas por parte dos peixes. Nas canles ou corredores é onde se instalan as redes caendo nelas os peixes que non son capaces de remontar a corrente de auga e ao tempo pola mesma acción desta quedan atrapados dentro delas sen lograr escapar.

En canto aos salmóns parece ser que a poboación está aumentando nos últimos anos, o que sempre é unha boa noticia. Así e todo Medio Ambiente non termina de confiarse ( e fan ben), e seguen coidando estas auga repoboándoas en varios afluentes e subafluentes importantes do Ulla. Os alevíns liberados (descenden de femias reprodutoras salvaxes capturadas na estación de captura de Ximonde) son orixinarios do Centro Ictiológico de Carballedo (Concello de Cotobade), lugar que merece a pena visitar pola súa beleza. Están especializados en cría de troita e salmón, traballando con exemplares salvaxes de diferentes augas para garantir as súas características xenéticas.

Tampouco debemos perdernos se visitamos esta zona o Pazo de Oca na Estrada (na súa orixe fortaleza e xa posteriormente nos séculos XVII e XVIII pazo), As Torres do Oeste en Catoira (fortaleza que se remonta á época castrexa), e o Pazo de Borraxeiros ou dos Salgado, e “Os Pendellos” (especie de alpendres en perfecto estado declarados Conxunto Histórico Artístico) en Agolada. Estes últimos lugares citados son só a punta do iceberg de moitos máis lugares, paraxes e conxuntos históricos que podemos atopar na zona.

Existen diferentes lugares para o baño e o esparexemento, pero destacaremos aquí a praia fluvial de Vilarello e Cordeiro en Valla, onde se mestura coas augas salobres da Ría de Arousa.

 

Vñideo Río Ulla

 

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo