Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Os cancros contaxiosos propáganse entre especies de moluscos

28 Xuño, 2016

Unha investigación realizada por científicos do Centro Médico da Universidade de Columbia (EE UU), coa colaboración de varias institucións canadenses e o Centro de Investigacións Mariñas da Xunta de Galicia, examinou unha variedade de moluscos que alberga unha forma de cancro coñecido como neoplasia diseminada, unha enfermidade parecida á leucemia que afecta as poboacións de bivalvos en moitas partes do mundo.

O equipo científico descubriu que en varias especies as células cancerígenas estendíanse dun animal a outro como unha liña celular clonal contaxiosa. “Os nosos resultados suxiren que a transmisión directa de cancro entre os animais mariños pode ser moito máis común do que se pensaba”, di Stephen Goff, autor principal do estudo e profesor no Centro Médico da Universidade de Columbia.

En traballos previos, o equipo de Goff buscou inicialmente os virus que podían causar cancro na ameixa de Nova Inglaterra (Mya arenaria). Pero resultou non ser un virus que se propagaba nos océanos, senón que eran as mesmas células cancerosas que se estendían dun animal a outro. A transmisión directa das células cancerosas é bastante rara e observouse só en dúas especies de mamíferos até agora.

O equipo de Goff examinou o ADN dos cancros e os animais afectados como mexillóns (Mytilus trossulus), berberechos(Cerastoderma edule) e ameixas (Polititapes aureus) recollidas nas costas de Canadá e Galicia.

Moluscos de Canadá e Galicia

O equipo fixo probas para ver se os cancros noutros moluscos tamén poderían deberse a liñas celulares contaxiosas. O equipo de Goff examinou o ADN dos cancros e os animais afectados como mexillóns (Mytilus trossulus), berberechos(Cerastoderma edule) e ameixas (Polititapes aureus) recollidas nas costas de Canadá e Galicia.

En cada especie, os investigadores descubriron que os cancros os causaban clons independentes das células cancerosas que eran xeneticamente distintos aos seus anfitrións. Tamén acharon que nunha especie de ameixa, o clon infeccioso das células cancerosas derívase dunha especie relacionada, pero distinta. Os científicos concluíron que este tipo de cancro estaba causado por unha transmisión entre especies.

“Agora que observamos a propagación de cancro entre varias especies mariñas, a nosa investigación futura será investigar as mutacións responsables destas transmisións celulares do cancro”, conclúe Goff.

Referencia bibliográfica:

Michael J. Metzger, Antonio Villalba, María J. Carballal, David Iglesias, James Sherry, Carol Reinisch, Annette F. Muttray, Susan A. Baldwin y Stephen P. Goff1,”Widespread transmission of independent cancer lineages within multiple bivalve species” Nature doi:10.1038/nature18599

Fonte: SINC

 

 

 

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo