Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Un paseo polos espazos naturais de Galicia

13 Xuño, 2016

Foto: Porgaliciabaixo

Galicia asómase ao océano Atlántico e ao mar Cantábrico con dous milenios de historia, algo que axiña percibe o viaxeiro que se achega a visitarnos. Percorrer estas terras do noroeste de España permite vivir unha aventura singular de tradición, frondosas paisaxes e cidades únicas. En Galicia neutralízanse as fronteiras entre a terra e o mar. Ambos se funden ao longo de 1300 quilómetros de costa, 772 praias e as súas características rías, navegables os 365 días do ano.

En Galicia neutralízanse as fronteiras entre a terra e o mar.

Cada visitante pode rescatar da memoria deste pobo os enigmáticos castros coas súas peculiares cidadelas; e neles, quizais, descubrir os celtas, antigos poboadores dun mundo granítico totalmente suxestivo (os castros de Baroña —Porto do Son—, Viladonga —Castro de Rei— ou Santa Tegra —A Guarda— son os mellores conservados). Tamén viaxa á Gallaecia, a Galicia romana. En pé está aínda a gran muralla romana de Lugo, un recinto fortificado único, de estrutura circular e un perímetro de 2200 metros conservados desde o século III, o cal a fai única no mundo, e declarado pola UNESCO ben Patrimonio da Humanidade no ano 2000.

Inmediatamente percíbese aquí algo distinto. Nesta fértil terra vense indubidables conexións cos pobos celtas.

 

 

Foto: Porgaliciabaixo

Galicia é tamén a terra dos mil ríos. Desde as serras dos Ancares, O Courel ou Pena Trevinca (con altitudes que superan os 1800 metros) descenden as augas de moitos deles. O pai Miño cruza Galicia de nordeste a suroeste para desembocar placidamente na fronteira con Portugal. Os leitos fluviais son tan variados coma a paisaxe: así, os impresionante Canóns do Sil na Ribeira Sacra (cuxo río é o principal afluente do Miño e polo que se pode navegar nun cómodo catamarán), terra de marcados desniveis e propicia para o cultivo da vide.

Cada visitante pode rescatar da memoria deste pobo os enigmáticos castros coas súas peculiares cidadelas; e neles, quizais, descubrir os celtas, antigos poboadores dun mundo granítico totalmente suxestivo 

 

 

Foto: Porgaliciabaixo

Os leitos fluviais son tan variados coma a paisaxe: así, os impresionante Canóns do Sil na Ribeira Sacra

A saída de Galicia ao mar lévase a cabo a través das rías. Altas e Baixas que se relacionan coa paisaxe e brindan un marco incomparable para a práctica do turismo náutico, con 17 portos bandeira azul: Club Náutico de Ribadeo, Club Náutico Ría de Ares, Club Náutico de Sada, Real Club Náutico A Coruña Marina Real, Mariña Coruña, Porto Deportivo de Camariñas, Club Náutico de Portosín, Club Náutico de Ribeira, Marina Cabo de Cruz-Boiro; Porto Deportivo de Vilanova de Arousa, Porto Pedras Negras, Club Náutico de Portonovo, Porto Deportivo Juan Carlos I, Porto Deportivo de Baiona, Porto Deportivo de Combarro, Marina Dávila-Vigo e Monte Real Club de Iates.




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo