Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Unha árbore Monumento: A Carballa da Rocha

3 Outubro, 2016

A Carballa da Rocha é un carballo situado no concello de Rairiz de Veiga (provincia de Ourense), declarado Monumento Natural pola Xunta de Galicia o 1 de marzo do ano 2007, englobando seis leiras lindeiras que suman 0,6429 ha. Tamén foi declarada árbore senlleira o 17 de abril do 2007.

O exemplar convive con outras árbores centenarias de propiedade particular, o que queda dunha antiga carballeira que medraba nas beiras da desecada Lagoa de Antela.

O toro é corpulento, o seu perímetro na base é de 820 cm, bifúrcase aos 7 m de altura en dúas pólas de grandes dimensións chegando aos 33 m de altura.

Consérvase en bo estado, esmocouse por última vez nos anos 50 do século XX, e calcúlase que ten 500 anos.

Na carballeira celébrase todos os 24 de setembro a Romaría da Saínza, unha das poucas festas que representan a loita entre cristiáns e musulmáns en Galicia.

A Carballa da Rocha atópase dentro da reserva da biosfera Área de Allariz.

CÓMO CHEGAR

 

 

 

Vídeo : Reserva da Biosfera de Allariz

Fonte: Wikipedia 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo