Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

A praia da Concha-Compostela – Vilagarcía de Arousa

Data: 6 de maio 2016

Vilagarcía, situada ó fondo da ría de Arousa, pode presumir de ter unhas praias de augas tranquilas e non demasiado frías, para o que é habitual nas rías galegas. O principal areal do municipio, distinguido ano tras ano coa Bandeira Azul da UE, é o da Concha-Compostela. Durante os meses de verán acoden diariamente a este areal non só veciños do municipio, senón xentes doutros concellos do interior, atraídas polas seus óptimos servicios e as boas comunicacións. De feito, foi a gran afluencia de santiagueses a que bautizou ó areal co nome de Compostela.

A praia da Concha-Compostela está situada entre los cascos urbanos de Vilagarcía e O Carril. A súa lonxitude é de case dous quilómetros. A zona máis próxima ó casco urbano de Vilagarcía, na que se atopa un piñeiro, un miradoiro e un pequeno xardín, coñécese co nome da Concha pola forma que adopta a liña de praia, mentres que a súa parte central e norte, na que se atopa o balneario e un parque, recibe o nome da Compostela. Paralelo á praia, discorre un paseo marítimo que enlaza os núcleos de Vilagarcía e O Carril.

O areal dispón ininterrom- pidamente dende o ano 1997 da Bandeira Azul da UE, que premia a calidade medioambiental e os servicios das praias comunitarias. A praia da Concha-Compostela conta con varias duchas repartidas en distintos puntos, papeleiras, servicios públicos, fontes, quioscos e bares. A limpeza do areal efectúase diariamente utilizando maquinaria especializada e a calidade das augas verifícase periodicamente mediante análises realizadas pola Consellería de Sanidade. Durante o verán, socorristas titulados exercen funcións de salvamento e vixilancia.

A praia da Concha-Compostela é un areal eminentemente urbano, no que adoitan celebrarse durante o verán actividades de animación sociocultural. Conta con dúas zonas de xogos infantis, unha delas no propio areal e a outra no parque da Compostela. Dispón de prazas de estacionamento na avenida Rosalía de Castro, que discorre paralela á praia, e diante do antigo apeadeiro de Renfe no Carril. Tamén conta con numerosos bares e restaurantes nas súas inmediacións.

A praia recibe durante o verán a un elevadísimo número de visitantes. Cada día visítana entre 5.000 e 6.000 persoas, cifra que se incrementa nas fins de semana. Pero o areal tamén se pode disfrutar en inverno, percorrendo o paseo marítimo ou descansando nos tranquilos xardíns.

Aínda que esta é a praia máis visitada de todo o municipio, non é la única. Así, os veciños de Bamio, O Carril e Vilaxoán contan cos seus propios areais, pequenas praias que dispoñen dos servicios fundamentais e que son tamén aproveitadas para o marisqueo.

Vídeo Praia de Compostela de Vilagarcía

 

 

 


Comparte este Artigo!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo