Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz abre as súas portas á Edición da Memoria

Data: 10 de maio 2017

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz inaugura, este sábado día 13 de maio, una nova edición na que os visitantes poderán gozar de novas creacións efémeras, adicadas, este ano, á Memoria.

Baixo o tema “Os Xardíns da Memoria, esta oitava edición congrega a paisaxistas internacionais  con propostas novidosas no sector chegadas dende Galiza, Madrid, Brasil, República Checa, Austria ou México.

Os técnicos municipais son os encargados de executar a instalación dos dez xardíns efémeros e están a traballar para que estean listos para a inauguración. Durante seis meses lucirán mentres permaneza aberto o festival, de maio a outubro. Xunto aos xardíns que compiten polo voto do público exhíbense tamén o xardín deseñado polos alumnos do colexio Padre Feijóo de Allariz e o gañador  da pasada edición, o xardín “Terraformación” do galego José Souto. En total doce xardíns que deixarán patente o nivel paisaxístico do evento.

Este ano, o tema central é “Os xardíns da memoria”. Unha mirada á historia con motivo do 700 aniversario da orixe da Festa do Boi en Allariz. Os paisaxistas centraron os seus deseños na memoria, no coñecemento e na propia ausencia da mesma. Todos eles compiten  polos votos dos miles de visitantes que elixirán o mellor xardín perpetuándoo un ano máis no recinto.

Esta gran aposta paisaxística é un formato único en España, desenvolvido polo Concello de Allariz para poñer en valor a paisaxe e a xardinaría como vía para o desenvolvemento económico e social da zona,así como a mellora na calidade de vida dos veciños e veciñas. É polo tanto un encontro ineludible no eido do paisaxismo, senón unha grande aposta de desenvolvemento social e económico da localidade.

 

 

 

 


Comparte este Artigo!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo