Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Parque Natural das Illas Atlánticas

Data: 15 de xaneiro 2016

Foto: Vista das Cíes desde el Monte do Facho

Cando falamos das nosas illas, poderiamos dicir que estamos falando de “as xoias da coroa”.

Terra emerxente no Atlántico, desde o norte ata o sur da provincia de Galicia:Sálvora, Noro, Vionta, Herbosa e Sagres, Municipio de Ribeira na provincia da Coruña; o arquipélago de Cortegada (Illa de Cortegada, Malveiras e Briñas), fronte á localidade de Carril, no Municipio de Vilagarcía de Arousa;Ons e Onza ou Onceta (Municipio de Bueu) e as Illas Cíes (Municipio de Vigo), todas estas últimas xa na provincia de Pontevedra.

Este grupo de illas constitúen O Parque Natural e Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, cunha oito mil catrocentas oitenta hectáreas de superficie, das cales sete mil duascentas oitenta e cinco son marítimas e mil cento noventa e cinco de terra. Este parque foi creado no 2002, cunha vocación protectora destes territorios que en moitos casos por masificación incontrolada de visitantes, e noutros por abandono, estaban sufrindo unha importante deterioración nos seus ecosistemas. Son tamén zona ZEPA, isto é, Zona de Especial Protección Para as Aves e ademais estánincluídas no programa Rede Natura 2000, ou o que é o mesmo, son zona ZEC (Zonas de Especial Conservación).

Son sistemas naturais tipicamente atlánticos, presentan unha gran biodiversidade, con grandes cantiis, terreo en moitos casos escarpados, con catrocentas especies vexetais, dunas, praias, bosques, matogueiras e uns riquísimos fondos mariños compostos por roquedales, areais, e unhas duascentas especies de algas.

En canto á fauna refírese, son tamén xenerosas, é tal a súa abundancia que aínda non se atopan catalogadas todas as súas especies ao cento por cento, pero se sabe que habitan unhas cento vinte e catro especies de aves, cinco de anfibios, nove de réptiles, doce de mamíferos e sesenta e tres especies de invertebrados. En resumo, unhas duascentas especies animais entre as que poderemos observar importantes colonias de aves, focas, baleas, golfiños, crustáceos e moluscos.

Esta serie de illas ademais dun máis que evidente patrimonio natural, contan cun importantísimo patrimonio cultural subacuático. De que estamos falando? A resposta é sinxela: os naufraxios que se produciron nesta área ao longo da historia. É así que o organismo de Parques Naturais catalogou ata agora cincuenta e dous barcos afundidos nos fondos das Illas Cíes, Ons e Sálvora. 
Estes pecios foron documentados e catalogados partindo de arquivos históricos, de topónimos utilizados na zona, de cartas náuticas –remontándose ata a algunha do século XIV–, a través de fotografías aéreas, dos testemuños e documentos gráficos de mergulladores, submarinistas etcétera. Tamén estudan os naufraxios modernos, con menor interese patrimonial e arqueolóxico, pero catalogalos é importante, xa que onde se produciu un naufraxio é posible que volva repetirse ou que haxa outros.

Son as Illas Cíes –pola súa situación na entrada da Ría de Vigo– as que levan a palma en riqueza arqueolóxica dos seus fondos. Nesta zona lóitase desde fai moito co chamado “furtivismo arqueolóxico submarino”. O organismo do Parque da Illas Atlánticas e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, traballan de xeito conxunto para protexer estes pecios e evitar o seu espolio.

Hai que dicir que todos estas illas están protexidas non só na superficie de terra, ademais tamén o están na súa franxa marítima, por iso é importante se pensamos achegarnos a elas e pásallenos pola cabeza pescar, facer submarinismo ou fondear con barcos, pornos en contacto antes co Parque Nacional das Illas Atlánticas:

Teléfono: 986 85 85 93

Web: PÁXINA DE PERMISOS DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS

Ademais destes arquipélagos, existen outras illas nas nosas costas que por diferentes motivos aínda non se atopan incluídas, estando algunha no proceso, no Parque Natural de Illas Atlánticas, pero son aspirantes serias a selo, sinalamos: a Illa de Tambo ( en Pontevedra), e as Illas Sisargas(na provincia da Coruña).

Vídeos: Illas Atlánticas de Galicia

 

 

 


Comparte este Artigo!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo