Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Semana de Medio Ambiente de Ourense (Programa)

Data: 24 de maio 2017

O Concello de Ourense vén de presentar as actividades para a Semana do Medio Ambiente, un programa no que participaron as concellerías de Medio Ambiente, Xuventude, Educación e Participación Cidadá e que se traduce en actividades lúdicas e formativas diarias para toda a familia desde este sábado até o vindeiro 6 de xuño.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, que presentou o programa acompañado dos concelleiros das respectivas áreas, salientou que “deseñamos actividades moi diversas nas que toda a poboación poida, en distintos puntos do municipio, non só estar en contacto coa natureza, senón coñecela, gozala e, consciente do seu valor, protexela”.

Baixo o lema Conectando as persoas coa Natureza, o Concello pon a disposición da cidadanía unha programación atractiva e completa, para todas as idades, e tentando abranguer todos os lugares do municipio coa fin de achegarse a todos os veciños, pero tamén especificamente deseñadas para colexios, asociacións de veciños e para gozar en familia da natureza nos parques e ríos de Ourense, “pois a conciencia medio ambiental comeza, sempre, na casa”, explicaba o rexedor.

Moitas das actividades requiren de inscrición previa, polo que se recomenda a todos os cidadáns informarse a través da información recollida na web municipal ou a través dos folletos informativos deseñados para a ocasión.

 

¬ VER / DESCARGAR PROGRAMA

 

 

 

 


Comparte este Artigo!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo