Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Denominación de orixe Palleira, Xornada de Portas Abertas e Cea Benéfica dos Palleiros

20 Xuño, 2018



A Asociación Os Palleiros encargada da canceira municipal presentou hoxe a campaña Denominación de orixe Palleira co fin de promocionar a adopción de cans. A campaña foi deseñada por Daniel Alonso, alumno da Facultade de Ciencias Sociais e Comunicación de Pontevedra, como traballo fin de grado de Publicidade e Relacións Públicas e ten como obxectivo animar á adopción de cans e sacudirlles o estigma de animais abandonados e sen futuro.

Este selo de calidade -Palleira- acreditará a orixe do animal, o seu estado e que é entregado após de recibir os coidados hixiénicos e veterinarios precisos. Ademais levará cara a promocionar a adopción de cans de difícil encaixe, dous subtítulos: “Etiqueta Negra” para animais potencialmente perigosos e “Gran Reserva” para os “avós”

A campaña publicitaria porase hoxe mesmo en marcha nas redes sociais e arranca co reto de atopar un fogar a 16 cans e cadelas. En principio estará activa todo o verán.

A concelleira de Saúde Animal, Pilar Comesaña, presentou hoxe esta nova iniciativa de Os Palleiros acompañada por Daniel Alonso e Gloria Cubas, responsábel da asociación.


A canceira municipal atende -datos de hoxe- a 147 cans dos que 31 están en casas de acollida co fin de non saturar a instalación de Campañó.

No segundo trimestre do ano recolléronse 69 cans e foron dados en adopción 31, unha cifra “moi baixa” segundo explicou Gloria Cubas quen lembrou que no trimestre anterior, o primeiro do ano, foran 52 as adopcións rexistradas fronte a 55 ingresos.

Cea benéfica e xornada de portas abertas

Os Palleiros ten marcado en roxo no calendario dúas citas: o 7 de xullo, xornada de portas abertas e o 28 de xullo, cena benéfica para recadar fondos para a asociación.

A xornada de portas abertas, que se desenvolverá o 7 de xullo en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas co obxectivo de dar a coñecer a labor que se fai na canceira municipal e o programa de adopción de mascotas que promove Os Palleiros. Ademais ten unha vertente solidaria cun mercadillo e a recollida de achegas de penso para alimentar aos animais acollidos. Haberá visitas guiadas e xogos para os máis pequenos. A cena benéfica do 28 de xullo será ás 22.30 horas no restaurante La Brisa (Lourido) e ten un custe de 30 euros. As persoas interesadas en participar poder retirar até o 23 de xullo.

+INFO ¬FACEBOOK OS PALLEIROS

+INFO ¬INSTAGRAM OS PALLEIROS

Os Palleiros

 

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo