Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

'Engalana a túa árbore' axudou a visualizar os espazos verdes da cidade a través de intervencións artísticas - Ourense

26 Xuño, 2018



Patricia Ordóñez recibiu esta mañá, da man do concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo, o premio do concurso Engalana a túa árbore: visualicemos os espazos verdes!, organizado co gallo da Semana do Medio Ambiente polo Concello de Ourense e executado pola entidade de Desenvolvemento Sostible Sustinea. O obxectivo do concurso era o de visualizar a necesidade dos espazos verdes no ámbito urbano, de conservalos e de dotalos da importancia que teñen polos seus beneficios ambientais, sociais e económicos.

Así, o pasado 4 de xuño diferentes participantes, entre o que se atopaban centros educativos, adornaron as árbores e os alcorques do primeiro tramo da rúa do Paseo (15 en total). Os criterios valorados foron a creatividade e a decoración sostible; o emprego de elementos naturais ou que se atopen na natureza, así como a mensaxe que contribúa á sensibilización da cidadanía.

Patricia Ordoñez


Unha vez valoradas todas as árbores participantes, os membros do xurado deciden que a gañadora sexa Patricia Ordóñez Rey coa árbore ELAS, coa que quixo expresar “a forza e soños das mulleres, ancestrais e actuais, como elas poden coidar o planeta, transmitindo todo o amor que senten por el e todo o bo facer para que evolucione libre e feliz”.

A gañadora podía escoller o seu premio entre unha cesta de produtos locais e ecolóxicos; un roteiro guiado e interpretado polo río Miño ou ben unha actividade educativa e lúdica nun centro escolar.

Finalmente, a gañadora escolleu a realización dunha actividade educativa e lúdica nun centro escolar.

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo