Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Xardíns incorpora unha nova parcela ao parque do Gafos dende María Victoria Moreno

23 Xuño, 2018



O Concello de Pontevedra comeza os primeiros traballos para incorporar unha nova parcela ao parque do Gafos, no seu tramo urbano, conectando o paseo fluvial coa rúa María Victoria Moreno. A parcela ten unha superficie duns 380 metros cadrados e está situada na rúa María Victoria Moreno, entre unha vivenda e un taller de coches. A Concellaría de Xardíns pretende crear neste novo espazo -que foi expropiado polo Concello- unha zona de estancia, agradábel, creando unha nova entrada ao Gafos dende a cidade.

A parcela estaba abandonada, con valados publicitarios e pechada cara a rúa por un muro de bloques. Por un dos seus extremos está case a nivel de María Victoria Moreno - polo outro non-, e tamén se atopa elevada ao respecto do paseo do Gafos.

Río Gafos

Unha das primeiras actuacións que realizou o Departamento de Xardíns foi a retirada dos valos publicitarios, e a apertura dun pequeno tramo da parcela -retirando o muro de bloques- cara a rúa María Victoria Moreno, para poder traballar con maior comodidade na roza e limpeza, que aínda se está a desenvolver.

A seguinte actuación que urxe é a retirada dalgunhas especies arbóreas que se atopan en situación de perigo, xa que están descalzadas e enfermas. Polo que, proximamente, o departamento de Xardíns procederá á retirada de, cando menos, unha árbore.

As actuacións seguintes iranse facendo paseniñamente ao longo deste ano. A Concellaría de Xardíns ten en previsión retirar todo o muro de bloques que pecha a parcela para abrir o paseo cara a rúa, e substituíla por un valado no estremo con máis pendente.

Tamén está previsto crear un espazo de estancia, polo que se colocará mobiliario público como bancos ou mesas, e tamén crear un acceso da parcela ao paseo do Gafos salvando un pequeno desnivel con algunha actuación branda e acordo coa zona na que se topa

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo