Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

'Na era das APPs, o importante seguen a ser as ideas e as estratexias de cidade', di Lores no MobLab de Porto

5 Xullo, 2018



'Grazas polo seu exemplo, porque aquí estúdase moito e decídese pouco'. Esta foi a frase que serviu a un aisistente para mostrar o seu agradecemento ao alcalde Miguel Anxo Fernández Lores polo exemplo que está a dar Pontevedra para outros municipios acometendo os importantes avances en mobilidade que a convertiron nun exemplo cada vez máis demandado. O alcalde participou no MobLab do Porto, unha das citas sobre mobilidade máis importantes de Portugal, un grupo de discusión no que toman parte urbanistas, enxeñeiros, arquitectos e deseñadores de todo o país.

Lores baseou a súa intervención na imposibilidade de mellorar o tráfico a motor nas cidades: “Canto máis queres melloralo, cantos máis estudos fas, máis confirmas que as melloras son inútiles, porque para calquera ampliación do espazo destinado aos coches, sempre hai moitísimos máis coches para ocupalo”, explicando así que a demanda de espazo sempre é superior á escasa oferta que poden ofrecer as cidades.

 

Falou tamén do dereito a aparcar no espazo público: “cando mercas un coche non estás mercando os metros cadrados que precisas para deixalo na rúa, pois a rúa é de todos, e o coche particular acaba privatizándoa”.

O congreso, que estaba centrado na análise das novas tecnoloxías e a súa influencia na mobilidade, deu unha volta de 360 graos cando o alcalde dixo que "por moita tecnoloxía que haxa, por moitas aplicacións que teñamos, o importante é ter unha visión estratéxica da cidade: primeiro ten que haber ideas e despois aplicacións tecnolóxicas aplicadas con sentidiño e cando fan falla, porque de nada serve ter moita tecnoloxía se despois os nenos e nenas non teñen onde xogar. O importante é transformar a cidade e incrementar a calidade do seu espazo público, non tanto enchernos de aparatos que aprofunden nas nosas incoherencias”.

O alcalde de Pontevedra fixouse por último nos resultados do cambio de paradigma urbano cun dato contundente: antes a relación era de 70% do espazo público para os coches, e hoxe é do 75% para peóns e mobilidade natural.

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo