Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Feira de Produtos Apícolas de Allariz

6 setembro, 2018



A Feira dos Produtos Apícolas o 16 de setembro en Allariz contará con preto de 30 expositores de produtos e material apícola de Galicia, León e Portugal, que amosarán un cento de produtos da colmea, dende meles de diferentes tipos, cosmética, bebidas ou masaxes de mel.

Durante a feira desenvolverase un completo programa de actividades para todos os públicos, co obxectivo de dar a coñecer as propiedades e beneficios dos produtos da colmea e ofrecer información práctica para apicultores e apicultoras.

 

A iniciativa parte dende a Escola Galega de Apicultura, integrada pola Asociación Galega de Apicultura, Concello de Allariz e Fundación Ramón González Ferreiro, co obxectivo principal de poñer en valor a diversidade e riqueza dos produtos da colmea e o seu potencial no mercado.

O evento marcará o remate do Curso Superior de Apicultura Comercial, celebrado esta primavera en Allariz, no que os seus máis de 40 alumnos e alumnas poñerán en práctica os contidos aprendidos durante o curso.

¬DESCARGAR PROGRAMA

 



Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo