Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Ourense abre o prazo para solicitar a renovación das concesións de uso de 33 hortos municipais

19 Setembro, 2018



O Concello de Ourense abre o prazo para que as persoas concesionarias de 33 hortos municipais poidan solicitar a renovación, por un ano, das súas autorizacións. Con esa finalidade, publica na páxina web do Concello a relación de hortas afectadas: 20 en Montealegre e 13 en Mariñamansa cuxa concesión, outorgada por sorteo realizado en novembro de 2016, rematará o día 7 de decembro.

Segundo as bases da convocatoria, as concesións outorgáronse por 2 anos, renovables por 1+1 anos. As persoas cuxas concesións rematan en decembro que desexen realizar a prórroga por un ano máis deberán manifestalo por escrito dirixido á Concellería de Medio Ambiente ou por comparecencia ante o Servizo de Medio Ambiente do Concello de Ourense, sito na Praza San Martiño s/n piso terceiro, antes do día 30 de outubro.

Este prazo de renovación está destinado unicamente ás persoas cuxas autorizacións rematan no mes de decembro. Non afecta ás titulares das concesións dos outros 29 hortos municipais que se adxudicaron en abril de 2017, pois os seus permisos seguen en vigor ate a próxima primavera

 



Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo