Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Xornadas dos Oficios do Coiro - Allariz

 3- 7 de maio. Xornadas dos Oficios do Coiro - Allariz (Ourense) ¬VER / DESCARGAR PROGRAMA

VER +

Máis dun cento de vídeos na recta final de Youtubeir@s

Este venres 28 de abril é o último día para participar na primeira edición de Youtubeir@s -Concurso de vídeos na Rede. Esta iniciativa pretende fomentar a videocreación en galego na segunda rede social máis empregada do mundo, Youtube, a través ...

VER +

“O poder do Arcabuz” de Quique Peón, Ciclo Summum - Pontevedra

Quique Peón Cía presenta en Pontevedra o espectáculo ‘O Poder do Arcabuz’, un musical que recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media. Trátase dun espectáculo que combina música e danza (tradicional e contemporánea) en ...

VER +

“Noite de cine na rúa” - Ourense

26 abril - 13, 20, 27 de maio - 10 de xuño O Concello de Ourense iniciará este sábado unha nova proposta de lecer para as fines de semana: “Noite de cine na rúa”, un ciclo de 4 proxeccións dunha escolma ...

VER +

A Real Filharmonía de Galicia e o Coro Xove da Orquestra Sinfónica no día das Letras Galegas - Ourense

O Día das Letras 2017 réndelle homenaxe a un fillo predilecto da cidade, Carlos Casares Mouriño, e desde o Concello de Ourense perfílase unha programación de altura con motivo desta celebración, achegando esforzos con entidades e institucións para dotar 2017 ...

VER +

Maratón Fotográfico Pontevedra

Pontevedra volve a súa cita coa fotografía da man do Maratón Fotográfico, que celebrará o sábado 13 de maio a súa terceira edición, baixo o título “Saca a Lingua”. Os participantes terán que fotografar tres temáticas que se desvelarán o ...

VER +

Artistas na rúa - Pontevedra

O evento desenvolverase o próximo sábado 29 de na Praza da Ferraría, en horario de 16.30h a 20.30 horas. O evento pontevedrés Artistas na rúa, cree no proceso e no resultado da Naturalización das Artes, rompendo cos mitos establecidos e acurtando ...

VER +

XII Encontro de Palilleiras - Pontevedra

O Recinto feiral da Xunqueira acollerá o próximo domingo, 30 de abril, o XII Encontro de Palilleiras Cidade de Pontevedra. “Un clásico xa”, en palabras do alcalde Miguel Fernández Lores, quen recibiu hoxe ás representantes da asociación A Fieitiña, organizadora ...

VER +

E chegou o comandante e mandou parar… O pai de Fidel e Raúl Castro

Galegos polo mundo, ese parece noso sino que nos persegue secularmente. Dese ir e vir, temos descendentes por medio mundo. É o caso entre outros, de grandes figuras históricas como Simón Bolivar fundador das repúblicas da Gran Colombia e Bolivia ...

VER +

Presentación do libro Secretos de una crack - Pontevedra

O autor pontevedrés Félix Alfonsín presenta o libro Secretos de una crack publicado pola Editorial Círculo Rojo. O acto terá lugar o próximo día 21, ás 20 horas no salón de actos do Sexto. Na novela nárrase a historia dunha galega ...

VER +

O Museo recibe en doazón a biblioteca e o arquivo de José Luis Souto - Pontevedra

Os fondos bibliográficos e documentais do Museo víronse recentemente incrementados coa incorporación do arquivo e biblioteca persoais de José Luis Souto (1942-2016) que foron legados no seu testamento. O arquivo e biblioteca de José Luis Souto, composta por aproximadamente 18.000 títulos ...

VER +

Castelao. De Chumbo a Verba. Un Filme de Miguel López

Estrea 20 de maio, no Pazo da Cultura de Pontevedra. A Trama: Nun colexio de Pontevedra celébrase o día dás artes Galegas adicado á ilustre figura de Castelao. A mestra encarga un traballo que teñen que realizar os alumnos durante o fin ...

VER +

“Pasen e lean”, a proposta de Pontevedra no Día internacional do Libro

Desfrutar de lectura e do mundo ao redor do libro será o eixo central de Pasen e Lean, a nova iniciativa do Concellaría de Cultura para conmemorar o Día Internacional do Libro, que se celebrará este domingo 23 de abril. ...

VER +

Aberto o prazo para 'Re-creando', un obradoiro de arte dirixido á mocidade - Ourense

O centro de coñecemento La Molinera abre o prazo de inscrición -gratuíto- para un obradoiro dedicado á arte, Re-creando. Desenvolverase todos os venres durante os tres vindeiros meses en horario de 16:00 a 18:00 horas, e a primeira sesión será, precisamente, ...

VER +

A 22-MITEU abre o telón - Ourense

Circo, danza, concertos e... por suposto, moito teatro do 22 de abril ao 6 de maio Pablo Carbonell, Albert Plá, Clownic, Kukai danza, Vaivén, Teatro da Didascalia... son algúns dos nomes máis atraentes desta edición. Auditorio Municipal, Teatro Principal, Campus universitario e ...

VER +

The Sadies actuará o sábado 1 de abril no ciclo As Matinés do Principal, en pontevedra. O cuarteto canadense volta a España despois da súa última visita hai tres anos para presentar o seu novo traballo Northern Passages. Un disco que condensa de forma maxistral a súa propia esencia.

The Sadies leva máis de dúas décadas en escena, desenvolvendo un estilo musical propio no que se mesturan diversas expresións do rock, do country e do blues convertendo ao grupo canadense nunha banda de culto. Levan 23 anos convertendo o seu persoalísimo son en sinónimo de calidade.

The Sadies é unha desas bandas que logran traspasar con creces a súa propia fama, sacudindo toda etiqueta posible: ni country, ni rock, ni power pop. Sinxelamente eles.

Agora, Dallas Good, Travis Good, Sean Dean e Mike Belitsky conseguen no seu último traballo un disco espectacular, cheo de forza que, en directo cobra se cabe aínda máis vida. Gravado no soto da casa dos pais de Travis ao norte de Toronto durante o inverno de 2015, o ambiente familiar e a falla de distraccións conseguiron unha sensación sonora única, consistente e ecléctica.

The Sadies son unha banda á que os afeccionados se aferran como a un segredo moi ben gardado, esperando cada novo lanzamento como unha promesa. Con Northern Passages, chegou o momento de facer estalar esta viaxe salvaxe de ácido-folk-country-punk, para deleite de fans e de todo aquel que se acerque por primeira vez á banda.

No Teatro Principal. Pontevedra; Sábado 1 de abril, 2017. ás 12.00 horas – 

Entradas: 14€ anticipada / 16€ venda en billeteira

 

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario