Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

A música máis popular dos anos 80 e 90 animará as Festas de Ourense

A Praza Maior de Ourense viaxará no tempo para homenaxear á mellor música dos anos 80 e 90, o luns, día 26 de xuño, ás 22:30 horas. Será coa actuación de La edad de oro del pop español, a superbanda ...

VER +

A Andaina de Allariz cumpre 20 anos

A concellería de Deportes do Concello de Allariz abre o prazo de inscrición para participar nunha nova edición, e xa van 20, da Andaina de Allariz, que se celebrará o vindeiro sábado 27 de maio. A Andaina popular de Allariz, pioneira ...

VER +

O Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra cumpre 25 anos (Programa)

Cinema e música en vivo irán da man neste aniversario coa programación do ciclo Notametraxes-17, que se desenvolverá no Teatro Principal todos os mércores dende o 24 de maio ao 14 de xuño. O XXV Festival converterá á cidade no referente ...

VER +

Ecomuseo de Arxeriz mostra un mapa interactivo das igrexas románicas da Ribeira Sacra

O Ecomuseo de Arxeriz, dependente da Fundación Xosé Soto de Fión, acaba de facer público un mapa interactivo que localiza as igrexas románicas presentes na Ribeira Sacra. O plano amosa a localización destes bens, o xeito de chegar e fotografías ...

VER +

Festival de Títeres de Redondela

15 - 21 de maio A XVIII Edición do Festival de Títeres de Redondela encherá a Vila dos Viadutos de actuacións en rúas en salas. Un total de 25 compañías chegadas de Brasil, Italia, Estados Unidos, Dinamarca, Arxentina e Galicia. ¬+INFO NA ...

VER +

Notas acerca do Camiño Portugués de Santiago

O Camiño ou ruta xacobea desde Portugal, moi posiblemente xa era un feito na época alta medieval, agora ben, é a partir da independencia do territorio luso no século XII cando comeza a tonarse máis vigorosa. Estas diferentes sendas do camiño, ...

VER +

O Conxunto Arqueolóxico Natural de Santomé - Ourense

A escasamente tres kilómetros do centro da capital de Ourense, encóntrase o Conxunto Arqueolóxico Natural de Santomé. Concorren nel, os valores históricos característicos dun complexo xacemento arqueológico, cos naturais derivados dunha contorna na que se conserva unha peculiar vexetación, con suxerentes ...

VER +

O IV Festival de Cafés Especiais SCA España, busca en Pontevedra aos seus representantes mundiais

Do 11 ao 14 de maio, 48 profesionais competirán nas modalidades de Barista, Latte Art, Brewers, Coffe in Good Spirits e CupTasters, co obxectivo de representar a España nos campionatos mundiais. Stands, degustacións, demostracións, películas, conferencias ou obradoiros son só algunhas ...

VER +

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz abre as súas portas á Edición da Memoria

13 de maio - 20 de outubro O Festival Internacional de Xardíns de Allariz inaugura, este sábado día 13 de maio, una nova edición na que os visitantes poderán gozar de novas creacións efémeras, adicadas, este ano, á Memoria. Baixo o tema ...

VER +

Ourense celebra este domingo Os Maios (Programa)

A rúa do Paseo será unha romaría este domingo coa tradicional celebración dos Maios, declarada Festa de Interese Turístico. As actividades, presentadas en rolda de prensa no Auditorio coa presenza do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, da concelleira de Cultura, ...

VER +

O Concello de Ourense Planifica as Actividades ao Botánico de Montealegre

O Concello de Ourense está a planificar as actividades que se desenvolverán no Botánico de Montealegre. Así, estanse a producir reunións de traballo entre os técnicos da Concellería de Medio Ambiente e a empresa Xesmega, ganadora do concurso da xestión ...

VER +

Sabores de Ourense Primavera 2017

O cambio de estación vén revolucionar as cociñas a cidade. Do 27 de abril ao 7 de maio volven os Sabores de Ourense, unha nova edición do Concurso de Pinchos na súa versión máis primaveral. No tempo das flores, homenaxeamos ...

VER +

Quentando motores para a Festa da Lamprea de Arbo

Ata un total de 170 participantes, déronse cita este domingo dia 23 de abril na Praza do Concello de Arbo, para asistir á  Marcha Btt da Lamprea, que por terceiro ano consecutivo organiza o Concello de Arbo. Como comezo da semana ...

VER +

Festa dos Maios Ourense

Festa dos Maios Ourense 2017

VER +

Festa dos Maios Pontevedra

Festa dos Maios Pontevedra 2017 ¬ VER +INFO CLICK AQUÍ

VER +

A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou, na xuntanza celebrada esta mañá, a adxudicación das obras de urbanización do Centro de Saúde de O Couto, por un importe de 479.710 euros IVE incluído.

A adxudicataria, Hordescon SL, foi a oferta económica máis vantaxosa das cinco presentadas. “Damos así un paso necesario e moi importante para a posta en marcha desta infraestrutura sanitaria”, afirmou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, en rolda de prensa. “Trátase dunha intervención fundamental para a posta en valor deste espazo, no que se veñen de acometer actuacións tan importantes como a construción do novo edificio de Xulgados e do Centro de Saúde do Couto”, dixo.

Construiranse novos accesos a estes equipamentos, nomeadamente ao centro de saúde, desde a rúa Bispo Lourenzo, Castro Canseco e Velázquez, instalaranse novos pavimentos, beirarrúas e espazos verdes que contribúan á humanización da contorna. Árbores como cedros do atlas, prunus ciruelo, pradairos e chopos brancos e negros. Así mesmo, instalarase mobiliario urbano, alcorques, máis as redes de abastecemento e saneamento conectadas á rede municipal, instalacións eléctricas, e demais aspectos precisos para a completa urbanización.

“A semana pasada tivemos coñecemento dunha sentenza que confirma o auto de primeira instancia que denegaba a apertura do centro de saúde do Couto”, explicaba o rexedor. O Concello denegoulle no seu día a licenza de ocupación ao centro de saúde, o Servizo Galego de Saúde recorreu o acordo, e o Xulgado Contencioso Administrativo número 2 de Ourense desestimou o seu recurso. “O Sergas recorreu entón ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e este desestimou tamén o seu recurso, na sentenza coñecida a semana pasada e da que se lles informou a todos vostedes”, resumía Vázquez Abad.

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario

Navegador Web

buscar_navegador