Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Ourense subscribe un acordo de colaboración para situarse como referente mundial da xeotermia

O Concello e o Ministerio de Energía, Turismo y Agenda Digital subscribiron esta mañá un acordo de colaboración para situar a Ourense como referente mundial da xeotermia, tal e como puxo de manifesto o ministro Álvaro Nadal trala sinatura. Jesús Vázquez ...

VER +

Reparto e colocación de trampas para combater a extensión da avespa asiática - Pontevedra

O Concello repartirá trampas co fin de frear o avance da avespa asiática (vespa velutina) no municipio, unha loita que coordinará o servizo de Medio Ambiente Natural. O reparto comezará após da Semana Santa, a partir do martes 18 de ...

VER +

Ourense deseña un proxecto para o parque da EDAR

O Concello de Ourense, a través dos concelleiros de Infraestruturas e Participación Cidadá, José Araújo e Carlos Campos, expúxolle a AVV 15 de agosto de Reza, o proxecto inicial para o espazo que actualmente ocupa a Estación Depuradora de Augas ...

VER +

Concello de Ourense e Confederación Hidrográfica acordan diversas actuacións sobre as canles dos ríos

O Concello de Ourense e a Confederación Hidrográfica Miño Sil (CHMS) acordaron diferentes actuacións para unha mellora integral das canles dos ríos da cidade. Así, as reunións entre o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o presidente da CHMS, Francisco ...

VER +

Concello de Ourense e Sustinea fomentan o autoemprego no ámbito da agricultura ecolóxica

A concelleira de Asuntos Sociais e Xuventude Sofía Godoy visitou esta mañá a horta ecolóxica social da Carballeira, posta en marcha polo Concello e Sustinea para fomentar a empregabilidade no sector da agricultura ecolóxica. Durante dúas semanas, un total de ...

VER +

Faro de Corrubedo en Ribeira

Aquí hai mares por todas as partes e tan distintos como para impor unhas curiosas formas á hora de administrar as súas fronteiras. Hai un mar antigo, convencional, clásico coas súas augas, correntes, espumas e mareas. E hai un mar de ...

VER +

Ourense celebra o Día Mundial da Auga ampliando o horario de apertura da piscina termal das Burgas

O Concello de Ourense súmase á celebración do Día Mundial da Auga ampliando os horarios da piscina termal das Burgas do 22 ao 25 de marzo ata as 23.00h. Unha oportunidade única para gozar dun baño termal baixo as estrelas ...

VER +

No Día Mundial da Auga

Por Raimundo González Carballo, concelleiro responsábel do Ciclo da Auga de Pontevedra O Día Mundial da Auga é unha data de reivindicación e denuncia dos consumos e usos irresponsables. Pero, dende a experiencia, creo que Pontevedra ten moito que celebrar hoxe. A ...

VER +

Últimos traballos de recuperación dos cedros das Palmeiras - Pontevedra

O Departamento de Parques e Xardíns realiza nestes días traballos nos cedros das Palmeiras afectados polos pasados temporais. Son labores de detalle consistentes na retirada de polas danadas, podas selectivas e o arriostramento das ramas que quedaron en pe. O propósito ...

VER +

O Concello e a asociación Sustinea promoven unha horta ecolóxica social urbana - Ourense

A asociación Sustinea e o Concello de Ourense promoven unha horta ecolóxica social na cidade para paliar a falta de recursos económicos e atopar saída laboral na agricultura ecolóxica. A asociación Sustinea, co apoio da Concellería de Asuntos Sociais do Concello ...

VER +

Un Ano de Astronomía en Galego - Pontevedra

Venres 17 de marzo ás 20 h na Casa da Luz ¬DESCARGAR FOLLETO INFORMATIVO  

VER +

Imaxe do día

Desde a Praia do Vilar (Ribeira - A Coruña), Bo día!!! Autora:

VER +

O mexillón: Ademais de comerse; coas súas barbas facíanse traxes dourados

Coñecido como Mejillón, mejillón mediterráneo, mexilón, mixilón, mixillón, blue mussel, commom mussel, moule commune, moule comestible, muscle, mexilhão. O seu nome científico: Mytillus galloproviciales (Lamarck, 1819) Distribúense no Atlántico e no Mediterráneo. Como ben sabedes no caso de Galicia os mexillóns se "cultivan" en ...

VER +

Recuperados unha tonelada de vidro diarios para reciclaxe, na hostalaría en Ourense

A campaña de recollida selectiva de vidro porta a porta en locais de hostalaría, posta en marcha polo Concello e Ecovidrio coa colaboración de Ecourense, permitiu recoller máis de 56 toneladas de residuos en apenas mes e medio desde a ...

VER +

Unha primeira estimación cifra en 2,2 millóns o valor dos danos do temporal - Pontevedra

Os servizos técnicos municipais están a revisar e avaliar os danos causados polos temporais de vento e chuvia dos últimos días co fin de cuantificalos, orzamentar as reparacións precisas e executar os traballos de posta a punto pola vía de ...

VER +

A asociación Sustinea e o Concello de Ourense promoven unha horta ecolóxica social na cidade para paliar a falta de recursos económicos e atopar saída laboral na agricultura ecolóxica.

A asociación Sustinea, co apoio da Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense, comezará o luns día 20 de marzo unha nova formación en agricultura ecolóxica enmarcada no proxecto “Un Rural para Tod@s”, o cal, establece ferramentas para paliar a ausencia de recursos económicos e o fomento da inclusión social mediante a agricultura ecolóxica.

A formación de 50 horas afonda nos coñecementos prácticos para poñer en funcionamento o horto social, ubicado no barrio da Carballeira, para os usuarios do programa e que se estrutura en varias fases.

A primeira fase foi a recuperación e preparación do terreo abandonado que se realizou durante o Campo de Traballo do pasado verán con 20 mozos e mozas de toda Europa.

Na actualidade, a horta comeza a ser unha realidade que se afianza coa formación en agricultura ecolóxica e as formacións en orientación laboral, dotando aos usuarios das ferramentas básicas na procura de emprego.

Coa creación dunha horta ecolóxica no medio da cidade achéganse tamén ás persoas os beneficios que supón un espazo verde para a saúde, tanto a nivel físico como psicolóxico, ao ambiente, á economía e ao tecido social do barrio.

Este ano o proxecto verase completado cun campo de traballo que achegará a 20 persoas de diferentes países do mundo ao proxecto e á mellora do espazo para novas plantacións de agricultura ecolóxica.

Sustinea é unha entidade non lucrativa de actuación en todo o territorio galego que fixa o Desenvolvemento Sostible como alternativa á degradación natural e como saída ás necesidades locais.

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario

Navegador Web

buscar_navegador