Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

O Concello acomete obras de mellora nas dependencias da canceira municipal que inclúen a limpeza e roza do terreo e talado da árbore existente, unha nova pavimentación de formigón ou a instalación dun novo canal de desaugue para aliviar as augas pluviais.

Tamén está previsto mellorar o alumeado, segundo informa o departamento de Saúde Animal que dirixe a concelleira Pilar Comesaña.

A actuación na canceira do Concello de Pontevedra que está en Campañó ten un custe de 17.282,72 euros.

A canceira municipal está xestionada pola Asociación Os Palleiros e alí recóllense mascotas e animais abandonados mais tamén pódese adoptar un can. O seu horario é de 9,30 a 13,00 horas polas mañás e os luns, mércores e venres de 17,00 a 20,00 horas.

O pasado ano a canceira de Campañó recibiu 251 cans e xestionou e fixo o seguimento de 225 adopcións.

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario

Navegador Web

buscar_navegador