Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Fran Cortegoso (Imaxe: Chan da polvora)

Un ano sen Fran Cortegoso

As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído? Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu ...

VER +

Programa Concertos Festas de Ourense 2017

24 de xuño - 2 de xullo ¬VER / DESCARGAR PROGRAMACIÓN CLICK AQUÍ

VER +

Unha nova unidade didáctica convida aos escolares a descubrir o Arquivo municipal - Pontevedra

O Concello editou mil exemplares da unidade didáctica co fin de achegala aos centros educativos da cidade e traballar con ela no propio arquivo onde tamén fanse visitas guiadas. A unidade foi elaborada polo persoal do Arquivo municipal e ilustrada ...

VER +

Programación de todas as Festas de Verán Pontevedra 2017

Música de bandas Xoves, 6 de xullo 21.00 h Baila a Banda. Praza do Teucro Concerto da Banda de Música de Pontevedra coa colaboración do Club de Baile Deportivo Adrián Esperón & Patricia Martínez “Baila Mos” Domingo, 9 de xullo 21.00 h ...

VER +

O Pazo cede unha aula permanente a Asociación de Escritores en Lingua Galega - Pontevedra

A Concellaría de Cultura cederá unha aula á Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) no Pazo da Cultura para que teña unha aula permanente en Pontevedra onde poida impartir os obradoiros da Escola de Escritores que organiza habitualmente na ...

VER +

Surfing The Lérez - Pontevedra

A cita será o 17 de xuño con catorce grupos e moitas actividades infantís. Volve unha nova edición do Surfing The Lérez que se celebrará o vindeiro 17 de xuño na Illa do Covo, como en citas anteriores. Este ano terá como ...

VER +

Baiona, Unha Vila Real

Esta preciosa vila está situada nunha tranquila baía entre Monte Real e ou Monteferro. A súa boa condición como porto natural motivou que fose unha poboación moito máis importante que Vigo ata o s. XVIII, cunha notable liberdade de comercio grazas ...

VER +

Homenaxe a Carlos Casares no Liceo de Ourense

7 de xuño ás 20h no Liceo de Ourense

VER +

Comeza o ciclo Sons na Rúa coa Banda de Música de Pontevedra (Programa)

Serán sete concertos, que se celebrarán entre o 8 de xuño e 18 de agosto, unha cita esta última que se desenvolverá na recta final das Festas da Peregrina. Coa chegada do tempo de verán as prazas e rúas da cidade ...

VER +

Presentación Libro Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República - Pontevedra

Venres 9 de xuño, ás 19,30h na Libraría Baroja  Presentación do libro "Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República"  de Álvaro Rodríguez Núñez.  

VER +

Concerto Solidario Ourense

Con 10 euros podemos contribuir, desde Ourense, ao desenvolvemento de países de África occidental, concretamente de Guinea Bissau, mediante proxectos sanitarios, sociais, educativos e medioambientais, así como de axuda a colectivos e persoas marxinadas ou desfavorecidas. E precisamente esa é a ...

VER +

Premios III Maratón Fotográfico Cidade de Ourense

1º Premio - Marta Dorribo Gonzalez - 1.000€ 2º Premio - Rafael Juliana Méndez - 500€ 3º Premio - Alba Araújo Pinto - 300€ A maiores, catro accesit ás mellores fotografías de cada serie. Accesit ¨Negro¨ - María Belén Alonso ...

VER +

Nova Páxina Web do Concello de Allariz

O Concello de Allariz lanza a súa nova páxina web www.allariz.gal, centrada na administración electrónica, a actualidade e o turismo (esta última aínda en construción). O novo espazo foi deseñado co obxectivo de transmitir unha maior transparencia ademais de permitir aos ...

VER +

Mini-científicos/as amosan as súas investigacións en Pontenciencia - Pontevedra (programa)

Achegarse a ciencia e a innovación dende a escola, promover o coñecemento científico, despertar a curiosidade, visibilizar a ciencia e todo elo vinculando a Universidade aos colexios. Con estes obxectivos chega Pontenciencia, a cita dos mini-científicos/as que presentarán, após de ...

VER +

Feira do Libro de Ourense

31 de maio – 4 de xuño en Ourense

VER +

O Concello de Ourense volcarase este ano na celebración do Día das Letras, dedicado ao fillo predilecto da cidade, Carlos Casares. A concelleira de Cultura e Educación, Belén Iglesias, participou esta mañá, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, na presentación do programa de actividades que ao longo deste ano lle renderán homenaxe en Galicia ao escritor ourensán.

O Concello, afirmou Belén Iglesias,“recibe este ano cunha especial ledicia a celebración do Día das Letras”, dedicada a unha persoa que “pola súa obra artística, a súa presenza e compromiso intelectual, forma parte substancial e imprescindible do Ourense do século XX e da herdanza que a súa pegada segue a deixar no século XXI”.

carlos_casarespub

O salón de plenos acollerá, o día 18 de maio, un acto solemne de homenaxe con motivo da celebración do Día das Letras. Contará coa participación da familia, á que se lle fará entrega dun pergamiño conmemorativo desta celebración. A continuación celebraremos un acto público, aberto a toda a cidadanía, no que descubriremos unha placa en homenaxe a Carlos Casares, realizada polo escultor ourensán Xosé Cid. Será nun lugar moi especial: a Praza de Bispo Cesáreo, onde se atopan a sé do Liceo,

Completarase así -sinalou- a “sentida e cálida homenaxe” que a cidade de Ourense vén tributando a Casares desde o ano 2003, cando a Corporación municipal aprobou por unanimidade incoar o expediente de honra que concluíu o día 4 de abril dese ano co seu nomeamento como fillo predilecto.

Carlos Casares será o eixo da programación cultural da cidade, con diferentes iniciativas de divulgación da súa obra entre todos os públicos:

Os mundos de Carlos Casares.

Ourense será a primeira parada de “Os mundos de Carlos Casares”, exposición central sobre a figura, a obra e o tempo do autor, que percorrerá Galicia durante o mes de decembro para amosar contidos audiovisuais, paneis textuais explicativos, obxectos cotiás, documentos, pezas históricas e fotografías que convidan a percorrer as diferentes épocas do escritor.

Roteiro.

Unha ruta literaria percorrerá a xeografía vital e literaria de Casares na cidade, con parada nos escenarios emblemáticos da súa traxectoria. Escolares de Primaria coñecerán este roteiro cunha charla o 8 de maio no Auditorio.

Concerto das Letras.

O Auditorio será tamén escenario, o 16 de maio, do Concerto das Letras, que promove o Consello da Cultura Galega en colaboración co Concello, o Consorcio de Santiago e do Consorcio para a Promoción da Música. A Real Filharmonía de Galicia e o Coro Xove da Orquestra Sinfónica, baixo a dirección de Maximino Zumalave, que interpretarán diferentes obras sobre textos de autores galegos ou de temática galega. No marco do concerto estrearase a obra Formiga, de Rubén Vizcaino, a partir dun texto do libro A galiña azul.

Lectura Pública e actividades para cativos.

Coincidindo co Día das Letras, o Concello convidará a cidadanía a participar nunha lectura pública de textos de Casares, nunha xornada que incluirá música e un obradoiro infantil, o 17 de maio, na Sala Valente e rúa do Paseo. O alumnado de primaria e de secundaria participará nun recital literario público promovido polo Concello, no que lerán micro-relatos escritos para a ocasión, do 15 ao 19 de maio, na Praza de San Martiño. Tamén haberá obradoiros nos que nenos e nenas traballarán cos contos Cal é a miña cor? e Un polbo xigante para animar á lectura e crear marca-páxinas. Serán do 15 de maio ao 19 de maio de 2017, nas bibliotecas municipais de Ourense.

Simposio Carlos Casares.

Finalmente, a cidade será un dos escenarios do Simposio Carlos Casares que a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a Fundación Carlos Casares, co apoio da Xunta, desenvolverán, como peche de 2017, con conferencias e relatorios sobre a vida e a obra do escritor, no que especialistas e investigadores abordarán a súa traxectoria vital, literaria e de xestión política e cultural, así como o seu papel na proxección exterior da cultura galega.

“Homenaxe institucional, placa de lembranza, exposición, roteiro literario, concerto das letras, lectura pública, recital de escolares, obradoiros infantís e simposio -manifestou Belén Iglesias- forman un completo programa que pretende enriquecer a oferta cultural da nosa cidade, pero por riba de todo, facerlle xustiza a Carlos Casares, ese sensacional autor e inesquecible persoa, fillo predilecto da cidade, cuxa pegada e legado segue presente en toda a cidadanía de Ourense”.

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario