Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Fran Cortegoso (Imaxe: Chan da polvora)

Un ano sen Fran Cortegoso

As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído? Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu ...

VER +

- GALLEGO REI, M.: A beira da Santiña, edita Mario Gallego Rei, Pontevedra, 2016.
- Hemeroteca.

O Milagre das Uvas e do Millo

O Burgo, verdadeiro territorio de carácter e circunstancias propias, é a Triana da nosa Pontevedra. Nunca alleo ao discurso e ao devir da cidade, ofrécenos unha historia e, ao fin, un legado que convén non desprotexer. O crecemento urbano nunca ...

VER +

Sinsabores dunha Pedra Importante: O Miliario de Adriano

Por miliario entendemos unha columna pétrea de gran peso e  tamaño que funcionaba a xeito de marco quilométrico nas antigas vías romanas. E frecuente que leven inscricións onde se especifica a vía na que se atopaba, así como a distancia ...

VER +

Boa Semana!

Desde a Rúa do Paseo de Ourense...Boa semana! Autora:  

VER +

Boa Semana!

En Santa Mariña  de Augas Santas (Allariz - Ourense) Autora:    

VER +

Haiche moito yeyé: A Movida Galega, Madrid escríbese con ‘V’ de Vigo

Ninguén que teña una certa idade – tampouco tan maiores eh! – poderá esquecer que pensabamos que entón eran “malos tiempos para la lírica” (ilusos que eramos, xa os quixésemos agora), e despregabamos o noso humor negro galego con aquilo de “y ...

VER +

Feliz día do Traballo

1 de Maio. Feliz día do Traballador

VER +

Ser galego non é fácil

Paul Theroux  escribía no seu libro The Pillars Of Hercules (1995 -  As Columnas de Hércules) ..." tiña todas as características dos galegos, que son, sobre todo, inexplicables e enigmáticos". Si, ser galego non é fácil... Somos un pobo con moitos ...

VER +

Los hombres rana de Potter que recuperaron los cadáveres

El naufragio del Ave del Mar

(O autor escribe en español, respéctase o idioma de orixe) Las islas Cíes, el paraíso natural tan cerca de nosotros, lugar de leyendas y testigo de numerosos naufragios se hacía eco de un triste suceso ocurrido hace 60 años, que llenó ...

VER +

A Xunqueira da Gándara do Alba: Un paraíso natural na cidade de Pontevedra

Dende 2012 a cidade de Pontevedra posúe un ENIL, ou o que é o mesmo: un Espazo Natural de Interese Local. Trátase de case 70 hectáreas –das cales 48 pertencen á xunqueira propiamente dita– conformando un dos máis fermosos paraxes ...

VER +

AQUIS QUERQUENNIS : A Mansión Varia

Nela podemos ver un monólito no que están gravados o número de millas existentes entre Braga e Astorga, e mostra así as mansións da vía coas súas correspondentes distancias intermansionarias. Os restos deste establecemento hostaleiro foi erixido seguramente en dous momentos ...

VER +

Boa semana!

Desde Celanova e con Don Celso Emilio Ferreiro Autora:

VER +

Imaxe do día

Bo dia desde Santa Mariña de Augas Santas Autora:  

VER +

Imaxe do día

Desde unha xanela calquera ... Bo día! Autora:  

VER +

Imaxe do día

Bo día desde calquera río galego!!! Autora:    

VER +

O Burgo, verdadeiro territorio de carácter e circunstancias propias, é a Triana da nosa Pontevedra. Nunca alleo ao discurso e ao devir da cidade, ofrécenos unha historia e, ao fin, un legado que convén non desprotexer. O crecemento urbano nunca debería estar pelexado co coidado das identidades intrínsecas que definen a un determinado territorio, coma unha urbe. Cómpre coidar a memoria que conforman os barrios e diversos lugares, pois deles manan –xunto a estrita condición natural e xeográfica– o máis sintetizado do carácter dunha poboación.

Conta a lenda que no emblemático barrio de O Burgo produciuse un feito insólito, dos nomeados milagres, que tivo ao Apóstolo Santiago como protagonista. Convén non esquecer que  Santiago «o Maior», un dos máis destacados discípulos de Cristo, mantivo con Galicia un vínculo que ben sexa polo mito ou  polos feitos, uniu para sempre xamais ao territorio co personaxe ata tal punto que atreveríame a dicir que aí quen pensa que Santiago sempre foi de Padrón, e non de Betsaida.

Pois andaba un coitado peregrino –a lenda nalgunha das súas variantes fai que o camiñante sexa o propio Santiago– camiño a Compostela, cando canso e famento foi parar na casa duns veciños de O Burgo, concretamente no lugar de A Santiña. Estes ofreceron ao viandante os únicos produtos que posuían: viño e millo, pois eran xente pobre a semellanza de todos os do barrio. Por reconfortar ao peregrino sen dubidar e ofrecerlle aquilo que tiñan, quixo Santiago Apóstolo recompensar o nobre xesto; así pois, obrou o santo o milagre de que nesa casa a maduración do viño e o millo adiantarase a calquera outro sitio, sendo o primeiro lugar onde se deran no ano eses produtos. A vivenda –outras versións falan de que a milagre deuse en varias casas da zona– sería coñecida desde entón como Casa do milagre ou Casa da tradición, facendo referencia este último nome ao costume de ir a recoller os primeiros froitos do ano en comitiva á devandita estancia. En 1999 colocouse unha placa conmemorativa nesta vivenda, obra do pintor Eduardo Dios.

De tódolos xeitos, a relación do barrio de O Burgo co culto a Santiago Apóstolo ven de antigo. En plena Idade Media produciríase outro episodio de carácter milagreiro cando no medio dun asedio efectuado ao castelo de Cedofeita –en Lérez– por parte de Fernando II e contra o rei portugués Afonso Henrique o primeiro destes viuse favorecido pola gracia do Apóstolo cando mandou un lóstrego que derrubou a torre e facilitou a vitoria castelá. O suceso, ao parecer, xa se pregoara en soños.

Estes detalles e outros nos son revelados por Mario Gallego Rei –verdadeiro profeta da historia do barrio pontevedrés– e Rafael Sánchez nun libro adicado ao Burgo; neste invirten un capítulo á tradición das uvas e do millo. Sinalan que a condición humilde, aberta e xenerosa do barrio pódese reflectir precisamente na lenda do ofrecemento dos alimentos saídos e traballados da terra ao peregrino.

Foto: Mateo Fontán Couto

Chegado cada 24 de xullo, véspera da festividade do Apóstolo, prodúcese a procesión e o rito de ir a polas uvas e o millo á casa sita na Santiña. A comitiva sae da Parroquial do Burgo polo serán portando a imaxe do Santiaguiño, que preside o altar principal durante o ano, envolto na bandeira galega e máis na española. Trátase dunha fermosa talla –pendente dunha pescuda en profundidade– referida entre outros, polo Pai amoedo Carballo no seu Carmen Patrium Sive Pontevedra onde nos fala da tradición que tiñan os estudantes de irlle a pedir axuda nos exames (resulta curioso como esta tradición estudantil rexurdiría moito tempo despois a partir doutra imaxe venerada na antiga capela e coñecida como Virxe do Estudo, hoxe no Museo Provincial). Percorren rúas e calzadas do barrio, pola primeira parte do camiño de Santiago, ata chegar ao seu destino: o número 95 da rúa da Santiña. Antano o cortexo saía da antiga capela, situada no final da ponte, e nela participaban ademais do crego, un gaiteiro e varios rapaces que a volta da comitiva portaban canas procedentes dunha canaveira da casa do Santo. Posuímos novas da procesión, tal e como indican os devanditos autores, desde fai máis de cen anos. O rito non sempre se produciu dun mesmo xeito, pequenos matices e desavinzas puntuais cóbreno desa pátina tan especial nas tradicións populares. Trala visita anual, o santo regresa ao seu templo portando o pendón do millo e as uvas tintas.

Momentos da procesión de 2012 (Imaxes: Mateo Fontán Couto)

Tras un período de decadencia, este acto cobrou vigor da man dunha Asociación do Apóstolo vinculada á Archicofradía de Santiago de Compostela; portan pendón durante a procesión ao igual que o fai a Asociacion de Amigos do Camiño Portugués. O labor de personaxes como Don Luis Alcántara, párroco de Santiago Peregrino do Burgo, tamén resulta fundamental no mantemento desta linda tradición. A súa vez, desde fai décadas a familia Couto, a da casa da vide e o millo prematuros, ofrece un convite ao cortexo procesional como símbolo da hospitalidade que deu pé á lenda. Cómpre sinalar que nin a casa nin as cepas do viño son as primitivas desta historia, aínda que as uvas da actualidade proceden de enxertos das orixinais.

A nosa identidade como poboación enriquécese co mantemento das tradicións como esta, afincada no tan pontevedrés barrio de O Burgo. Vai máis aló dunha cosmovisión relixiosa, que ao fin tamén resulta definidora; trátase do respecto e o gusto polo noso. Darlle as costas é darlla aos devanceiros, fracasando como herdeiros.

Para saber máis:
– GALLEGO REI, M. / SÁNCHEZ-AGUSTINO, R.: O Burgo. No camiño das uvas e do millo, Deputación de Pontevedra, Pontevedra, 2004.

– GALLEGO REI, M.: A beira da Santiña, edita Mario Gallego Rei, Pontevedra, 2016.
– Hemeroteca.

 

Autor:

 

mateo_pub
Mateo Fontán Couto. Historia, Arqueoloxía, Natureza / Historia, Arqueología, Naturaleza

face_icono

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario

buscar_navegador

 

 

Navegador da Web