Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Fran Cortegoso (Imaxe: Chan da polvora)

Un ano sen Fran Cortegoso

As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído? Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu ...

VER +

Programa Concertos Festas de Ourense 2017

24 de xuño - 2 de xullo ¬VER / DESCARGAR PROGRAMACIÓN CLICK AQUÍ

VER +

Unha nova unidade didáctica convida aos escolares a descubrir o Arquivo municipal - Pontevedra

O Concello editou mil exemplares da unidade didáctica co fin de achegala aos centros educativos da cidade e traballar con ela no propio arquivo onde tamén fanse visitas guiadas. A unidade foi elaborada polo persoal do Arquivo municipal e ilustrada ...

VER +

Programación de todas as Festas de Verán Pontevedra 2017

Música de bandas Xoves, 6 de xullo 21.00 h Baila a Banda. Praza do Teucro Concerto da Banda de Música de Pontevedra coa colaboración do Club de Baile Deportivo Adrián Esperón & Patricia Martínez “Baila Mos” Domingo, 9 de xullo 21.00 h ...

VER +

O Pazo cede unha aula permanente a Asociación de Escritores en Lingua Galega - Pontevedra

A Concellaría de Cultura cederá unha aula á Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) no Pazo da Cultura para que teña unha aula permanente en Pontevedra onde poida impartir os obradoiros da Escola de Escritores que organiza habitualmente na ...

VER +

Surfing The Lérez - Pontevedra

A cita será o 17 de xuño con catorce grupos e moitas actividades infantís. Volve unha nova edición do Surfing The Lérez que se celebrará o vindeiro 17 de xuño na Illa do Covo, como en citas anteriores. Este ano terá como ...

VER +

Baiona, Unha Vila Real

Esta preciosa vila está situada nunha tranquila baía entre Monte Real e ou Monteferro. A súa boa condición como porto natural motivou que fose unha poboación moito máis importante que Vigo ata o s. XVIII, cunha notable liberdade de comercio grazas ...

VER +

Homenaxe a Carlos Casares no Liceo de Ourense

7 de xuño ás 20h no Liceo de Ourense

VER +

Comeza o ciclo Sons na Rúa coa Banda de Música de Pontevedra (Programa)

Serán sete concertos, que se celebrarán entre o 8 de xuño e 18 de agosto, unha cita esta última que se desenvolverá na recta final das Festas da Peregrina. Coa chegada do tempo de verán as prazas e rúas da cidade ...

VER +

Presentación Libro Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República - Pontevedra

Venres 9 de xuño, ás 19,30h na Libraría Baroja  Presentación do libro "Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República"  de Álvaro Rodríguez Núñez.  

VER +

Concerto Solidario Ourense

Con 10 euros podemos contribuir, desde Ourense, ao desenvolvemento de países de África occidental, concretamente de Guinea Bissau, mediante proxectos sanitarios, sociais, educativos e medioambientais, así como de axuda a colectivos e persoas marxinadas ou desfavorecidas. E precisamente esa é a ...

VER +

Premios III Maratón Fotográfico Cidade de Ourense

1º Premio - Marta Dorribo Gonzalez - 1.000€ 2º Premio - Rafael Juliana Méndez - 500€ 3º Premio - Alba Araújo Pinto - 300€ A maiores, catro accesit ás mellores fotografías de cada serie. Accesit ¨Negro¨ - María Belén Alonso ...

VER +

Nova Páxina Web do Concello de Allariz

O Concello de Allariz lanza a súa nova páxina web www.allariz.gal, centrada na administración electrónica, a actualidade e o turismo (esta última aínda en construción). O novo espazo foi deseñado co obxectivo de transmitir unha maior transparencia ademais de permitir aos ...

VER +

Mini-científicos/as amosan as súas investigacións en Pontenciencia - Pontevedra (programa)

Achegarse a ciencia e a innovación dende a escola, promover o coñecemento científico, despertar a curiosidade, visibilizar a ciencia e todo elo vinculando a Universidade aos colexios. Con estes obxectivos chega Pontenciencia, a cita dos mini-científicos/as que presentarán, após de ...

VER +

Feira do Libro de Ourense

31 de maio – 4 de xuño en Ourense

VER +

– O fotoxornalista vigués obtén unha viaxe a Mozambique para retratar a realidade do país e os proxectos apoiados polo Fondo Galego de Cooperación
– Os lucenses Evaristo Pardeiro e María Luz Arias acadan o segundo e terceiro premio nunha edición á que se presentaron 84 obras arredor da interculturalidade

O fotoxornalista Adrián Irago recibiu hoxe o Primeiro Premio do certame Imaxes con Fondo III pola instantánea ‘Arribando en Lesbos’ que amosa a chegada dun grupo de refuxiados ás costas gregas, convidando a reflexionar sobre o que a diario acontece no Mediterráneo e a corresponsabilidade de Europa na busca dunha solución. Os lucenses Evaristo Pardeiro e María Luz Arias fixéronse co segundo e terceiro posto retratando a cultura hindú e un campo de refuxiados, respectivamente. A entrega celebrouse esta mañá na sede da Federación Galega de Municipios e Provincias.

fondo1

Adrián Irago recibiu de mans do presidente do Fondo Galego e alcalde de Nigrán, Juan González, o galardón que se materializará nunha viaxe a Mozambique para realizar un traballo fotográfico sobre a realidade do país lusófono e os proxectos alí apoiados pola entidade organizadora. Daniel Fernández, concelleiro en Cartelle e membro da Comisión Executiva do Fondo Galego, entregoulle a cesta de produtos do Segundo Premio a Evaristo Pardeiro, natural de Mondoñedo e afincado en Lugo, por ‘Outra cultura, o mesmo ollar’, que pon en valor as tradicións da India e cuestiona o ritmo de vida occidental.

Primeiro Premio do certame Imaxes con Fondo III pola instantánea 'Arribando en Lesbos'

Primeiro Premio do certame Imaxes con Fondo III pola instantánea ‘Arribando en Lesbos’ de Adrián Irago

O Terceiro Premio do certame Imaxes con Fondo III devólvenos á fuxida desde Siria con ‘Vivindo nun limbo’, fotografía que nos fai mirar a través da reixa dun campo de refuxiados para conectarnos coa ollada do neno protagonista. Rocío Fraga, concelleira da Coruña e directiva do Fondo Galego, fíxolle entrega do galardón a María Luz Arias, dotado cun lote de películas de temática social.

Segundo Premio 'Outra cultura, o mesmo ollar' de Evaristo Pardeiro

Segundo Premio ‘Outra cultura, o mesmo ollar’ de Evaristo Pardeiro

fondo3

Terceiro Premio ‘Vivindo nun limbo’ de María Luz Arias

Ata 84 obras e 35 participantes

Un total de 84 fotografías presentadas por 35 participantes concorreron ao concurso Imaxes con Fondo, que nesta terceira edición convidaba a reflexionar sobre a interculturalidade. O prazo de recepción de obras pechouse o 15 de novembro e, a continuación, abriuse un período para que as seguidoras e seguidores do Fondo Galego en Facebook puidesen votar as imaxes. As quince obras mellor valoradas foron logo avaliadas polo xurado, conformado por Daniel Fernández, vogal da Comisión Executiva do Fondo Galego polo Concello de Cartelle; Conchi Pernas, técnica do Concello de Burela; Natalia Monje, da ONGD Ecos do Sur, e o fotoxornalista Felipe Carnotto, gañador de Imaxes con Fondo II.

 

O Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 88 concellos e as deputacións da Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario