Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Programa Concertos Festas de Ourense 2017

24 de xuño - 2 de xullo ¬VER / DESCARGAR PROGRAMACIÓN CLICK AQUÍ

VER +

Programación de todas as Festas de Verán Pontevedra 2017

Música de bandas Xoves, 6 de xullo 21.00 h Baila a Banda. Praza do Teucro Concerto da Banda de Música de Pontevedra coa colaboración do Club de Baile Deportivo Adrián Esperón & Patricia Martínez “Baila Mos” Domingo, 9 de xullo 21.00 h ...

VER +

Lourizán repasa a súa historia - Pontevedra

Na praza de Marqués de Valterra a exposición “Lourizán”, un percorrido histórico pola parroquia, que se centra en varias actividades municipais de presente e futuro, como o ARI, as últimas reformas e obras, o e o proxecto da Casa da ...

VER +

Baiona, Unha Vila Real

Esta preciosa vila está situada nunha tranquila baía entre Monte Real e ou Monteferro. A súa boa condición como porto natural motivou que fose unha poboación moito máis importante que Vigo ata o s. XVIII, cunha notable liberdade de comercio grazas ...

VER +

40 Aniversario da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia

8-11 de xuño en Silleda (Pontevedra) A maior feira de mostras e lecer do noroeste cumpre catro décadas como espazo de referencia para innumerables sectores e empresas polo seu gran valor como ferramenta comercial. E faino cunha edición na que seguirá fortalecendo ...

VER +

Inauguración escultura en pedra adicada ao boi de Allariz

Sábado 3 de xuño ás 19:30h O Paseo da Alameda incorporará, ademáis dunha nova imaxe renovada no seu acceso, un novo elemento decorativo. Este sábado 3 de xuño o Concello de Allariz inaugurará neste espazo, unha escultura en pedra adicada ao boi ...

VER +

Ponteverán-2017 (Programa)

Ponteverán-2017 está á volta “para encher o verán de actividades de lecer” en palabras do concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña. Campamentos e obradoiros, actividades culturais, deportivas e no medio natural e actividades formativas integran a oferta de tempo libre á ...

VER +

A muiñeira ocupará a cidade o 2 de xuño - Pontevedra (Programa)

Pontevedra celebra unha vez máis -e van 46- o Día da Muiñeira. A cita é o próximo 2 de xuño e o seu epicentro estará na avenida Montero Ríos, a partir das 20.00 horas. Media hora antes os grupos participantes ...

VER +

A música máis popular dos anos 80 e 90 animará as Festas de Ourense

A Praza Maior de Ourense viaxará no tempo para homenaxear á mellor música dos anos 80 e 90, o luns, día 26 de xuño, ás 22:30 horas. Será coa actuación de La edad de oro del pop español, a superbanda ...

VER +

A Andaina de Allariz cumpre 20 anos

A concellería de Deportes do Concello de Allariz abre o prazo de inscrición para participar nunha nova edición, e xa van 20, da Andaina de Allariz, que se celebrará o vindeiro sábado 27 de maio. A Andaina popular de Allariz, pioneira ...

VER +

O Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra cumpre 25 anos (Programa)

Cinema e música en vivo irán da man neste aniversario coa programación do ciclo Notametraxes-17, que se desenvolverá no Teatro Principal todos os mércores dende o 24 de maio ao 14 de xuño. O XXV Festival converterá á cidade no referente ...

VER +

Ecomuseo de Arxeriz mostra un mapa interactivo das igrexas románicas da Ribeira Sacra

O Ecomuseo de Arxeriz, dependente da Fundación Xosé Soto de Fión, acaba de facer público un mapa interactivo que localiza as igrexas románicas presentes na Ribeira Sacra. O plano amosa a localización destes bens, o xeito de chegar e fotografías ...

VER +

Festival de Títeres de Redondela

15 - 21 de maio A XVIII Edición do Festival de Títeres de Redondela encherá a Vila dos Viadutos de actuacións en rúas en salas. Un total de 25 compañías chegadas de Brasil, Italia, Estados Unidos, Dinamarca, Arxentina e Galicia. ¬+INFO NA ...

VER +

Notas acerca do Camiño Portugués de Santiago

O Camiño ou ruta xacobea desde Portugal, moi posiblemente xa era un feito na época alta medieval, agora ben, é a partir da independencia do territorio luso no século XII cando comeza a tonarse máis vigorosa. Estas diferentes sendas do camiño, ...

VER +

A Concellería de Sanidade do Concello de Ourense convida a nais, pais, fillos e fillas a compartir o seu tempo de lecer con actividades saudables e divertidas durante as fins de semana. O programa “Ocio en familia” inicia unha nova edición, con 6 propostas lúdico-culturais para familias con cativos de 4 a 14 anos, durante os meses de abril, maio e xuño, coas que descubrir a cidade, practicar deporte, xogar ou practicar novas afeccións compartindo obradoiros. A inscrición é gratuíta, e pódese realizar ata o día 27 de abril na Concellería, na rúa Vasco da Ponte, 1.

O programa comezará o sábado 29 de abril, cunha novidade “Alimenta a saúde”, na que as familias compartirán unha fin de semana saudable nos parques da cidade facendo exercicio e no rianxo da praza de abastos para coñecer os produtos de tempada, a súa preparación e degustación. 

Mira Ourense con outros ollos (/5/2017). Consistirá en pasear pola zona antiga da cidade con visita guiada á catedral, os panteóns de galegos ilustres no cemiterio, o claustro de San Francisco e o museo arqueolóxico, coñecendo os recunchos para rematar con visita ao Parque ferroviario Os Carrileiros onde poderán gozar de viaxes nos mini trens.

Xogos para compartir (14/5/2017). Servirá para retomar os xogos de sempre compartíndoos con fillos e favorecer a comunicación en ambiente lúdico e ao aire libre con outras familias.

Os camiños da auga 21/5/2017. Propón unha ruta para coñecer os recursos termais da cidade e rematar cun baño (opcional) nas termas de Outariz, e desprazamento no tren turístico das Termas.

Á luz da lúa 27/5/215 Será un percorrido nocturno guiado polos arredores da cidade para observar estrelas ou simplemente para mirar a cidade desde a altura.

Andaina sen fume 4/6/2017 Coincidindo co día mundial sen tabaco, o Concello organizará unha andaina saudable de 10.000 pasos pola cidade.

Concurso de Fotografía. As familias tamén poderán participar nun concurso de fotografía, que premiará as mellores instantáneas que plasmen as experiencias compartidas nas actividades. Poderanse presentar 3 por familia, que optarán a premios como unha cea, cámaras e álbums dixitais.

Ocio en común san, alternativo e divertido. O traballo, a rutina, a falta de tempo fan que en moitas ocasións as familias non podan compartir todo o tempo e lecer que desecarían. Este programa pretende dar oportunidade de gozar dun ocio en común, san, alternativo e divertido, que facilite a conciliación familiar, incentive que nais, pais, fillos e fillas pasen máis tempo xuntos.

Complemento a OciOurense Xove. A semana pasada, o Concello presentaba unha nova edición de OciOurense Xove 2017, que achega actividades de lecer saudable para mozos e mozas de 15 a 30 anos. Con Ocio en Familia, amplíase o ámbito de intervención, para proporcionar tamén propostas a cativos e cativas de menos de 15 anos, así como a nais e pais.

A actividade está organizada coa colaboración da Xunta de Galicia, Consellería de Sanidade, Museo Arqueolóxico, Urbanos de Ourense e Termas de Outariz, así como dos espazos expositivos municipais Claustro de San Francisco e Centro Cultural Valente.

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario

Navegador Web

buscar_navegador